Navidad en Ferrol 2017

JOSELE SANTIAGO, CARLOS NÚÑEZ E LUIS PIEDRAHITA, COAS SÚAS AMÍGDALAS, ESTRELAS DO NADAL FERROLÁ 2017

Standford Music Factory e Window Pane amosarán o estado de gracia do rock ferrolán nun concerto de balde no Jofre o 22 de decembro as 21:30 horas Piedrahita estreará o ano 2018 no Auditorio cun monólogo desternillante sobre 'As amígdalas das súas amígdalas', o 14 de xaneiro as 19:00 horas A oferta cultural de Ferrol para este Nadal se completa co Apego 2017 e o I Festival de Ilusionismo Porta Máxica, ademais das actividades de Nadal da biblioteca e dos campamentos para nenos: PequEduca, Galicamp i Escola de Pilotos

JOSELE SANTIAGO, CARLOS NÚÑEZ E LUIS PIEDRAHITA, COAS SÚAS AMÍGDALAS, ESTRELAS DO NADAL FERROLÁ 



O menú cultural do noso municipio para este Nadal ten como pratos fortes nas vésperas da Noiteboa, os concertos de Carlos Núñez (21 de decembro), mago das gaitas e das frautas, que amosa a súa querenza polo noso teatro Jofre e repite concerto nas datas de Nadal con practicamente todas as entradas xa vendidas (quedan unhas 70 a mediodía do martes 12), e Josele Santiago (23 decembro), mítico integrante de Los Enemigos, que inundará de rock este espazo emblemático cos acordes de "Transilvania".

É o nome do quinto álbum de Josele e outra mostra do arroxo creativo dun músico sempre valeroso, acostumado a iluminar áreas con poucas horas de luz, un traballo que preserva a esencia do autor, aínda que ofrece unha perspectiva diferente sobre a súa música, renovada e tonificante.

No medio destas dúas citas, un concertazo de rock local da man de Concerto Acústico Window Pane e Sandford Music Factory, o 22 de decembro as 21:30 horas, que será toda unha demostración do estado de gracia do rock ferrolán .

Dous dos grupos máis importantes e con maior traxectoria do panorama rockeiro ferrolán, cun concerto desposuído da electricidade e distorsión que adoita caracterizar a súa música, interpretando en formato acústico temas do seu repertorio habitual, baseado en composicións propias que demostran a calidade de ambas as bandas. 
Unah cita que é de balde e para a que cómpre retirar antes os convites. Reparto de entradas na taquilla do Teatro Jofre a partir do venres 15 de decembro ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

Antes de chegar a semana da Noiteboa, no teatro Jofre se preparan outros dous espectáculos que compre ter en contar. Por un lado, o Niño de Elche, o venres 15 as 21:00, que ven a pechar un ciclo fermoso e coidado que repite o éxito, como é Na Raíz, cun cantaor atípico, un artista multidisciplinar que combina o cante flamenco coa performance, a poesía, a libre improvisación, o minimalismo, o rock ou a electrónica.

Outra cita interesantísima chega o sábado da man de Salvador, unha proposta escénica innovadora e arriscadas titulada Salvador, da man da compañía de Borja Fernández, o sábado 16 no Jofre as 20:30, cunha ficción a medio camiño entre o documental e o teatro, que combina de xeito experimental o texto, movemento, música en directo e novas tecnoloxías.

EMOTICORES, de Las Tricotuoses, o 29 de decembro as 19:00 horas no Jofre.

Emoticores é a nova proposta de danza contemporánea de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para o público máis novo, concretamente para rapazas e rapaces de 8 a 12 anos.

LUIS PIEDRAHITA, AS AMÍGDALAS DAS MIÑAS AMÍGDALAS CON AS MIÑAS AMÍGDALAS, HUMOR SINGULAR E DESTERNILLANTE O 14 DE XANEIRO

As amígdalas das miñas amígdalas son as miñas amígdalas é o título do espectáculo co que o singular humorísta Luís Piedrahita chega ao Auditorio de Ferrol co novo ano 2018, o 14 de xaneiro as 19:00horas. Unha cita a ter moi en conta na axenda e coas entradas xa voando cun 10% de desconto extra como regalo de Reis ate o 6 de xaneiro.

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/auditorio-de-ferrol/8102--luis-piedrahita-las-amigdalas-de-mis-amigdalas-.html

“Un show”, conta o seu autor, “pensado para xente esixente, aseada e con sentido do humor. Somos tan modestos que preferimos falar ben de vostede antes que do noso show. Aínda así, non queremos ocultar que deste espectáculo díxose que é unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI”.