Ofertas laborales en el primer mercado gastronómico de Galicia

O PRIMEIRO MERCADO GASTRONÓMICO DE GALICIA INICIA O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL CUALIFICADO

O novo Mercado creará máis de 50 postos de traballo

Os promotores do primeiro Mercado Gastronómico de Galicia, que agarda abrir as súas portas en Semana Santa en Santiago de Compostela, comezaron esta semana co proceso de selección de persoal.

O primeiro gastromercado de Galicia, sito na compostelana rúa de Gómez Ulla, prevé xerar máis de 50 postos de traballo para dar servizo nos 14 locais gastronómicos que albergará o novo Mercado, ademais dunha food truck e tres tendas gourmet. En total, o Mercado contará cunha capacidade de aloxar a unhas 330 persoas sentadas nos 1.250 m2 útiles de superficie cos que conta.

Entre as vacantes que se ofrecen destacan os perfís profesionais do sector da hostelaría a quenes se lles esixirá ter ampla experiencia no eido culinario e de restauración. O Mercado tamén precisa incorporar camareiros e cociñeiros para cervexaría artesá, persoal de limpeza e persoal con experiencia en atención ao público. Ademais precísase un cociñeiro para pizzería, outro cociñeiro para bocatería e un cociñeiro para local vexetariano. No proceso de selección os promotores do novo
Mercado valorarán o dominio da lingua inglesa, tal e como explica o seu xerente Benigno Sánchez, “ LA GALICIANA será un referente da máis alta calidade da gastronomía e cultura galegas no que primaremos a atención ao público para que esta sexa exquisita e altamente profesional. Compostela recibe uns 300.000 peregrinos e máis de 2,5 M de pasaxeiros ao ano, polo que brindaremos a turistas e locais a máxima calidade de produto e servizo nesta primeira grande superficie gastronómica da cidade santiaguesa ”.

As solicitudes de emprego serán recollidas ata o último día do mes de xaneiro, o mércores 31. Todas as persoas interesadas en acceder a algunha das vacantes deberán enviar o seu cv a administracion@mercadolagaliciana.es antes da data indicada.