Concurso de Carteles Feira do Viño do Ribeiro 2018

A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO CONVOCA O CONCURSO DE CARTEIS PARA A  SÚA 55ª EDICIÓN

Concederase un único premio dotado de 1.000 euros á obra elixida por un xurado profesional

Ribadavia, 8 de febreiro de 2018.  A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convoca o concurso de carteis para seleccionar o que vai representar a 55ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 28 de abril ao 1 de maio. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000 euros.

A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartel que faga alusión á D.O. Ribeiro e o seu #MovimientoRibeiro, termo que alude á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tendo en conta que é unha D.O. con viños de calidade, de paisaxe e territorio. No concurso poderán participar profesionais de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser inédita.

A data de recepción dos proxectos estenderase ata o 4 de marzo de 2018. A selección do gañador do concurso farase na semana do 5 ao 9 de marzo cun xurado experto, formado por profesionais do deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.

Bases del concurso en www.ribeiro.wine