Bai de Tapas Baiona 2018

Concurso de “ Bai de Tapas” organizada pola Concellería de Turismo do  Concello de Baiona en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( Aceba) e que ten como obxectivo impulsar o turismo  enogastronómico na Vila.

O pasado xoves, 5 de abril, día en que tivo lugar a presentación da VII edición concurso “ Bai de Tapas”, retomouse a actividade e concentrou o groso da campaña que seguirá viva nas redes ata que finalice o concurso o 5 de maio. Ao longo dos días fixéronse varios post en Facebook desvelando as 21 tapas que elaboraron os 21 establecementos do municipio que participan no concurso e que se servirán a un prezo popular de 2 €, ou 3’50 € combinado cun dos tres viños patrocinadores da campaña: o branco  Albanta da Denominación de Orixe Rías Baixas, o Vía Imperial da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o Rioxa  Herecia Juan  Alcorta