Camiña e coñece Poio, rutas e senderismo

O Concello de Poio a través da Programa Poio Móvese promovido pola Concellería de Deportes, pon a disposición de toda a cidadanía 5 rutas de sendeirismo para coñecer o noso concello facendo deporte. As 5 rutas son de diversas dificultades e lonxitudes e están especialmente deseñadas para o disfrute de todos.

Para facer a túa inscrición ou pedir máis información podenos escribir a deportes.poiomovese@concellopoio.gal ou chamar ó teléfono 986770001, ext. 1214.