Circo de Cidade Imaxinaria Primavera en a Cidade da Cultura Santiago

O sábado 21 de abril temos unha cita en familia coa diversión do circo de #CidadeImaxinariaPrimavera! 


Unha escola de disciplinas circenses, espectáculos, teatro, música e monicreques contra os estereotipos de xénero. Nesta estación na que agroman as flores, na Cidade Imaxinaria Primavera emerxerán malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis, clowns e moita música, danza, xogos, teatro e fabulosas historias en cada curruncho da Cidade da Cultura. Catro horas ininterrompidas de diversión para que compartades unha tarde de sábado en familia, nunha xornada homenaxe ao mundo do circo, que festexa xustamente nesta data o seu Día Internacional.

Espectáculos de circo, clown e maxia que veranse completadas por divertidas actuacións musicais á carta e en bicleta, enxeñosas e virtuosas coreografías de danza en zancos e ata unha autocaravana. Nela viaxaredes, a través de cancións, contacontos, monicreques e moitas risas, por historias nas que non atoparedes princesas que queiran ser rescatadas nin bicadas, nin cabaleiros inimizados con dragóns ou co rosa, porque na Cidade Imaxinaria Primavera os únicos non convidados son os estereotipos sexistas.

Entrada de balde

PROGRAMA 

Espectáculos de pista

Pink Impact. El Gran Rufus
Flou Papagayo. Mumusic Circus (Cataluña) 
Todo encaja. Up Arte Circo
Espazos lúdicos para imaxinar 

Teatro sobre ruedas
La Gran Tempesta. Efimer
Escola de Saltimbanquis. Pistacatro 
Os xogos do Hélder
Espectáculos itinerantes para encher de maxia a Cidade Imaxinaria Primavera 

Os Brimborions. Picto Facto
O Mundo do Circo. Troula