Encontro gastronómico de cociña atlántica Festival SAL en A Coruña

Encontro gastronómico de cociña atlántica Festival SAL, que terá lugar entre o 15 e o 17 de xuño na cidade de A Coruña
Os locais de restauración da cidade e food trucks galegas que queiran participar poden inscribirse de maneira gratuita na páxina web do festival (www.festivalsal.es) ata o 11 de maio.

A Coruña celebrará co novo Festival SAL, que terá lugar entre o 15 e o 17 de xuño, “a oferta
gastronómica da cidade e a calidade dos seus produtos”

Alberto Lema destaca que o festival nace para poñer en valor a cociña atlántica coruñesa e converter a cidade no “referente gastronómico do noroeste da Península”.

O evento, que se fará na explanada do Parrote, contará con degustacións, catas, exhibicións de cociña, obradoiros, charlas e actividades infantís, entre outras. Os locais de restauración da cidade e
food trucks galegas que queiran participar poden inscribirse de maneira gratuira no web ata o 11 de maio
Festival SAL Sabores Atlánticos

A Coruña contará desde este ano cun novo encontro para resaltar a gastronomía atlántica da cidade. O Concello impulsa, a través do Consorcio de Turismo, o Festival SAL Sabores Atlánticos, que se celebrará entre o 15 e o 17 de xuño na explanada do Parrote. O evento contará con exhibicións de cociña, obradoiros, degustacións, zona de camións de comida ou actividades infantís, entre outras moitas. 
O concelleiro de Emprego e Economía social, Alberto Lema, que preside tamén o Consorcio, destacou “que este festival é un paso máis para converter A Coruña no gran referente turístico gastronómico de Galicia e do noroeste da Península”. “A oferta gastronómica da cidade é un dos nosos máis fortes reclamos, non só pola calidade da nosa cociña senón tamén pola dos nosos produtos, pos iso este evento servirá tamén para destacar o sector produtivo”, indicou Lema. Deste xeito, o festival servirá “para a posta en valor da cociña atlántica, tanto na súa vinculación ao mar como dos produtos da horta, a través da reinvindicación da forza e o futuro das actividades pesqueiras e do rural galego, así como as novas formas de agricultura, gandeiría, pesca e produción acuícola sostible”.

Tal e como explica o concelleiro, “a restauración da Coruña terá un papel relevante no festival
para expoñer a actual cociña da cidade, na que se dá cabida tanto á tradición como aos novos
formatos e que reivindiquen a nosa gastronomía atlática de carácter único”. Neste sentido, a
xerente do Consorcio, Lanzada Calatayud, indica que este evento “tamén responde a unha
demanda histórica do sector gastronómico da cidade”. Os locais de restauración da Coruña e as
food trucks de ámbito galego que queiran participar no evento poden inscribirse dende hoxe de
maneira gratuira no web www.festivalsal.es ata o 11 de maio. Os postos asignaranse tendo en
conta tanto a orde de solicitude como a proposta. Seleccionaranse un máximo de 18 puntos de
venda e cinco food trucks. “Este festival vén a completar os eventos gastronómicos da cidade,
algúns de impulso municipal como o Boucatise, as xornadas Lacónicas ou Tapas Picadillo ou
outros que acollemos e cos que colaboramos como o Fórum Gastronómico, o Bo en boca ou o
Sherry Festival, que non só atraen a un destacado número de visitantes senón que serven para
aportar dinamismo ao sector”, incidiu Lema. O festival contará co apoio do colectivo Coruña
Cociña e de marcas como Estrella Galicia, 1906 e Magma de Cabreiroá.

O Festival SAL Sabores Atlánticos contará con produtores e produtoras, cociñeiros e cociñeiros
máis recoñecidos da rexión atlántica, así como un amplo abano de actividades que permitirán
descubrir a riqueza e singularidade da nosa gastronomía. Están previstas degustacións, catas e
exhibicións de cociña e cargo de profesionais de primeira liña e Estrellas Michelin, pero tamén
outras actividades que permitirán coñecer máis de cerca a cociña atlántica como obradoiros e
charlas. O programa, que se presentará en vindeiras datas, completarase con actividades para os
nenos e as nenas, un espazo para produtores, zona de food trucks e concertos.