Festa do Salmón da Estrada 2018

Os actos comezarán cun marcado carácter cultural hoxe venres, con ata catro citas programadas para esta xornada de apertura, e terán continuidade, xa na fin de semana, co 42º Concurso Internacional de Pesca de Salmón organizado pola Sociedade Deportiva Río Ulla e a 56ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 2ª Feira Multisectorial da Fundación de Exposicións e Congresos.


Tras dous días de acougo, o programa retomarase o mércores 16 coa ruta-degustación de tapas, que se prolongará ata o sábado 19 coa participación dos seguintes 29 locais: Cafetería Central, Argentinos Burguer, O Boliche, O Camiño, Samaná, O Bodegón, Val Fresco, Mesón da Estrada, O Paseo, Eureka, Nicol´s, Rober´s Café, Alameda, A Bombilla, O Enredo, Os Peares, O Candil de Silvia, Navegación, 20 Berzas, Velis Nolis, Oasis, Samaná, Amadeus, Tapería O Lar, Come, Bebe e Cala, Andalucía, O Café de Xulia, Nixon e O Rollo.


Durante estas xornadas centrais desta Festa de Interese Turístico de Galicia haberá unha decena de actuacións musicais variadas en distintos formatos e emprazamentos, citas deportivas co rafting, a BTT e o raid e o tradicional obradoiro de montaxe de moscas ata chegar ao domingo 20, día grande da festa no que está programada a lectura do pregón e imposición dos Salmóns de Ouro e a multitudinaria degustación popular, que manterá o prezo de 4 euros por bandexa de dous pinchos no Novo Mercado e a súa contorna.

Programa de actividades da XLV Festa do Salmón

Venres 11

Recepción dos participantes do Encontro “Grandes Viajeros” | 16.00-Praza da Constitución
Presentación dos libros “Can Valentín” e “En Branco e Negro” | 20.00-MOME
Exposición pictórica de Fragoso | 20.00-22.00-Sala Abanca
Presentación do libro disco “A Estrada da vida” de Manoele de Felisa e Xosé Luna | 21.00-Teatro Principal

Sábado 12

42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 8.00-20.00-coutos de Sinde, Pontevea, Santeles e Ximonde
Ponencias do Encontro “Grandes Viajeros” | 10.00-19.00-Teatro Principal
56ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 2ª Feira Multisectorial | 10.00-20.00-Fundación de Exposicións
Exposición pictórica de Fragoso | 11.00-13.00-Sala Abanca

Domingo 13

42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 8.00-20.00-coutos de Sinde, Pontevea, Santeles e Ximonde
56ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 2ª Feira Multisectorial | 10.00-20.00-Fundación de Exposicións
Entrega de premios do 42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 21.30-Casa da Fandiña


Mércores 16

Ruta-degustación de tapas | Todo o día-Cafetería Central, Argentinos Burguer, O Boliche, O Camiño, Samaná e O Bodegón
Música de rúa con Lume na Lareira | 20.00-rúas da Estrada
Exposición pictórica de Fragoso | 20.00-22.00-Sala Abanca
Concerto de Óscar Ibáñez&Tribo | 21.00-Teatro Principal

Xoves 17

Ofrenda floral e pregón das Letras Galegas a cargo do pintor Ramiro Cimadevila | 12.00-Alameda municipal
Ruta-degustación de tapas | Todo o día- Val Fresco, Mesón da Estrada, O Paseo, Eureka, Nicol´s, Rober´s Café e Alameda
Música na rúa con Os Atrevidos | 20.30-rúas da Estrada

Venres 18

Ruta-degustación de tapas | Todo o día-A Bombilla, O Enredo, Os Peares, O Candil de Silvia, Navegación, 20 Berzas e Velis Nolis
Noite de compras de ACOE | 17.00-23.00
Will Disco Móbil organizado por ACOE | 19.00-rúa Calvo Sotelo
Actuación de Les Artuans | 21.00-Teatro Principal
Música na rúa con Os Ke Hai | 20.00-rúas da Estrada
Concerto de Broken Peach | 22.00-Zona dos Viños


Sábado 19

V Raid Hípico do Salmón puntuable para o Campionato Galego | 9.00-Praia fluvial de Liñares
Ruta-degustación de tapas | Todo o día-Oasis, Samaná, Amadeus, Tapería O Lar, Come, Bebe e Cala, Andalucía, O Café de Xulia, Nixon e O Rollo
Rafting do Ulla | 16.00-Couto de Ximonde
XXII Ruta de BTT do Salmón | 16.30-Saída da Zona Deportiva
Obradoiro de montaxe de moscas para pesca do salmón | 17.00-Sala Abanca
Música na rúa con Retrouso | 20.00-rúas da Estrada
Concerto de Festicultores Troupe | 22.00-Zona dos Viños


Domingo 20

Lectura do pregón e imposición dos Salmóns de Ouro | 12.00-Teatro Principal
Obradoiro de montaxe de moscas para pesca do salmón | 12.30-Praza do Mercado
Degustación popular de salmón con actividades infantís e ambientación musical de Carlos Barruso Cuarteto | 13.00-Novo Mercado e Praza do Mercado
Actuación da Coral Polifónica Estradense e da Coral Polifónica de Zamáns | 19.00-Teatro Principal

Máis información: http://festadosalmon.com/