Festival de Bailes Latinos Camiño de Santiago celebrarase en xullo en Melide

Preto dun centenar de bailaríns están xa confirmados para participar no que será o I Festival e Concurso de Bailes Latinos Camiño de Santiago que se celebrará en Melide a última fin de semana do mes de xullo, coincidindo co sábado 28 e o domingo 29. Aínda que o prazo está aberto para poder gozar desta experiencia pioneira en Melide, a organización xa ten confirmadas preto dun centenar de persoas para achegarse a Melide durante a primeira edición deste evento de danza.

Artistas da talla da parexa formada por Alex&Ornella esta última campiona do mundo na súa modalidade de danza, estarán en Melide acompañados doutros artistas de renome como DJ Guez, a Escuela Bailacomingo, Jaime Silva, Escuela Salsanova, Fran Vidal, etc..

O I Festival e Concurso de Bailes Latinos Camiño de Santiago presentouse no salón de Plenos do Concello de Melide por parte da alcaldesa de Melide, Dalia García, Aurora Fernández, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Alecrín, principal organizadora do evento, e Adrián Vidal, profesor de baile na asociación e colaborador coa planificación deste festival.

Aínda a falta de coñecer o programa, pois a organización está traballando nel, xa se sabe que será unha fin de semana chea de ocio en Melide con actividades para todas as idades e talleres gratuitos.

O I Festival e Concurso de Bailes Latinos Camiño de Santiago, o Melide SBK Festival, respondendo as siglas dos bailes Samba, Bachata e Kizomba, pretende asentarse no calendario festivo de Melide ofrecendo unha alternavida como é a dos bailes latinos que ata o momento non existía na vila.