Establecementos hosteleiros e viñotecas finalistas premios Ribeiro 2018

XA SE COÑECEN OS ESTABLECEMENTOS HOSTELEIROS E VIÑOTECAS FINALISTAS PARA OS PREMIOS RIBEIRO

Na categoría de “Mellor tenda especializada - Viñoteca” son candidatos Juncal Alimentación (Pontevedra), O Lagar (Burela) e La tienda de Lino (A Coruña); como “Mellor taberna – Bar de viños”: Artesana (Santiago), Baraciña (Vigo) e Tamarindo (Ourense); e en “Mellor servizo de viño en restaurante”, os finalistas son: La casa de las 5 puertas (Pontevedra), Paprica (Lugo) e Bacelo Taberna Vinaria (Ourense)

A Denominación de Orixe Ribeiro vivirá o martes 26 de xuño a 7ª edición dos seus Premios D.O. Ribeiro, nos claustros do Mosteiro de San Clodio (Leiro-Ourense).

 Neste evento anual recoñécese a profesionalidade nos establecementos galegos que axudan á difusión do mundo do viño, polo que se conceden galardóns en tres categorías específicas, outorgados polas adegas que pertencen á Denominación.
  
 Na categoría de “Mellor tenda especializada - Viñoteca” son candidatos: Juncal Alimentación (Pontevedra), O Lagar (Burela) e La tienda de Lino (A Coruña).
  
 Na categoría de “Mellor taberna – Bar de viños”, os aspirantes son: Artesana (Santiago), Baraciña (Vigo) e Tamarindo (Ourense).
  
 Por último, na categoría de “Mellor servizo de viño en restaurante”, os finalistas son: La casa de las 5 puertas (Pontevedra), Paprica (Lugo) e Bacelo Taberna Vinaria (Ourense).
  
 Ademais, un panel profesional de cata será o encargado de recoñecer aos mellores viños brancos, de adega e de colleiteiro, e tinto da Denominación de Orixe con máis historia de Galicia.
  
 Durante o evento tamén se entregarán os premios honoríficos que recoñecen a traxectoria de distintos profesionais.
  
 César Lumbreras, responsable de Agropopular na Cadena COPE, recollerá o premio “Persoeiro de Honra”; o xornalista Víctor de la Serna recibirá o galardón que recoñece a “Mellor tarefa de comunicación”, e Sonia Prince de Galimberti será galardonada co premio “Muller e viño”.
  
Lumbreras dirige y presenta desde 1984 el programa Agropopular de COPE, espacio semanal de información agraria de referencia. Mercados agrícolas, la incidencia de la Política Agraria Común en el sector, los problemas del campo, consejos útiles… son algunos de sus argumentos habituales. Además, Lumbreras ha colaborado con distintos medios como El País, ABC o, actualmente, La Razón.
  
 Víctor de la Serna Arenillas, integrante dunha saga de xornalistas, ten unha  extensísima traxectoria xornalística e actualmente é columnista en El Mundo. Ademais de noutros campos, leva escribindo sobre gastronomía e viños en distintos medios dende hai máis de tres décadas, aínda que o seu nome está especialmente ligado a  Elmundovino, do que foi impulsor e é director adxunto.
  
 Sonia Prince de Galimberti é a presidenta da Asociación de Mujeres Amantes de la Cultura del Vino -  AMAVI. Esta entidade nada en 1996 busca aproximar a cultura vinícola ás mulleres, ao mesmo tempo que supón un alicerce para apoiar o seu traballo. Ademais é, xunto ao seu marido Massimo de Galimberti, co fundadora do club Vinoselección.
  
Sobre a Denominación de Orixe Ribeiro

 A Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia, oficialmente protexida no ano 1932, e unha das máis antigas de España. Actualmente está conformada por 115 adegas situadas nos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia, no noroeste da provincia de Ourense.
  
 A D.O. Ribeiro ten unha extensión de 2.232 hectáreas de vide situadas nos concellos de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Un territorio de grande diversidade vitivinícola onde traballan uns 5.800 viticultores.
  
 A D.O. Ribeiro produce viños brancos e tintos xenuínos con variedades autóctonas locais: Treixadura, Loureira, Sousón, Brancellao… Así como o Tostado do Ribeiro, un viño naturalmente doce de longa tradición na zona que data do século XIX.
                
 A produción da colleita 2017 na Denominación de Orixe foi de 9,5 millóns de quilos de uva. O 92% da produción total é de viño branco e o 8% de viño tinto