Feira de artesanía Outeiro de Rei 2018

Décimo segunda edición da FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI 

TERÁ LUGAR O SÁBADO  07/07/2018, COINCIDINDO COAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA A SANTA ISABEL. OS POSTOS ESTARÁN ABERTOS DURANTE TODA A XORNADA  ATA AS 21:00 h.

ESTÁ PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE APROXIMADAMENTE 100 EXPOSITORES. NA ACTUALIDADE TEÑEN CONFIRMADA ASISTENCIA 73 POSTOS  DE ARTESANÍA E  14 DE ALIMENTACIÓN.



NA SECCIÓN DE ARTESANÍA   PORANSE Á VENDA PRODUTOS DE CERÁMICA, CESTERÍA, ARTESANÍA DA MADEIRA,GANCHO E CALCETA, XOIARÍA, COIRO, INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL,  TRAXES REXIONAIS, FERRO, ARTESANÍA TÉXTIL,  XABÓNS NATURAIS, BIXUTERÍA, ESMALTES, CANTARÍA, MACRAMÉ, BOLILLOS, MANUALIDADES, ANTIGÜIDADES, ETC. PARALELAMENTE, NA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN OFERTARANSE MEL, PRODUTOS DE PANADERÍA, CERVEXA ARTESÁ,  EMBUTIDOS, ACEITE,  QUEIXOS, DOCES,  CEREIXAS, VIÑOS E LICORES,…

O PROGRAMA DA FEIRA INICIASE COA IV CARREIRA SOLIDARIA DO CONCELLO DE  OUTEIRO DE REI  ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN SOMOS UNIDOS POR EL CÁNCER, ASOCIACIÓN PRESIDIDA POR JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ, E NA QUE COLABORA O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI. ESTÁ PREVISTA A SAÍDA DA PRAZA DO CONCELLO ÁS 10:30 h DOS CORREDORES ADULTOS QUE FINALIZARÁN O PERCORRIDO  NO CAMPO DE SANTA ISABEL; O TRAZADO DA CARREIRA TERÁ UN PERCORRIDO DE PRETO DE  6 KM. TAMÉN, NO CAMPO DE SANTA ISABEL, DESENVOLVERANSE COMPETICIÓNS INFANTÍS POLA MESMA CAUSA.

AS PERSOAS INTERESADAS EN PARTICIPAR PODERÁN REALIZAR AS SÚAS INSCRICIÓNS PROXIMAMENTE.

AO LONGO DA XORNADA HABERÁ DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DE OFICIOS TRADICIONAIS: AS OLARÍAS DE TRADICIÓN DE GALICIA  SOBER, BUÑO, NIÑODAGUIA E BONXE ESTARÁN PRESENTES NESTA DOCEAVA EDICIÓN DA FEIRA ADEMAIS DO LUTHIER XANECO E DE VARIOS ARTESÁNS MÁIS REPRESENTANDO DIFERENTES OFICIOS (CESTERÍA, CANTERÍA, TALLADO EN MADEIRA, VIDRO…). TAMÉN HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN BOLBORETAS FIANDEIRAS QUE REALIZARÁN FIADO  DE LA  E MEMBROS DA ASOCIACIÓN CORAZÓNS ARTESÁNS CON EXHIBICIÓN DE MACRAMÉ, BOLILLOS…MOITOS POSTOS DA FEIRA CONTRIBUIRÁN TAMÉN Á VISTOSIDADE DA MESMA FACENDO DEMOSTRACIÓN DALGÚN DOS TRABALLOS QUE REALIZAN A COTIO NA ELABORACIÓN DAS PEZAS QUE DESPOIS VENDEN NESTES MERCADOS.

PARALELAMENTE,  A PARTIR DAS 12:00 h,  ESTÁN PREVISTOS VARIOS OBRADOIROS  DIRIXIDOS A NEN@S E RAPACES/ZAS PERO SEN ESQUECER ÁS PERSOAS MAIORES:
UN DE BARRO, QUE  SE SITUARÁ NAS INMEDIACIÓNS DOS OLEIROS
NA RÚA MANUEL MARÍA HABERÁ UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE E NO CAMPO DE SANTA ISABEL SERÁ O ESPAZO QUE ACOLLA OS SEGUINTES OBRADOIROS:
DE MOBILES (utilizando diferentes símbolos celtas).
DE ANIMAIS (con elementos naturais e materiais de refugallo).
XIMKANA DE XOGOS COOPERATIVOS.
E OBRADOIRO DE XOGO TRADICIONAL (socatira, pita cega, carreira popular de sacos, a mazá, mazurcas…).
ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN NA SÚA MAIOR PARTE DIRIXIDAS A UN PÚBLICO INFANTIL CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 5 E OS  12 ANOS E NELAS NOS XOGOS DE COMPETICIÓN REPARTIRANSE VARIOS PREMIOS ENTRE OS/AS PARTICIPANTES (MOCHILAS, CAMISETAS…).

POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO VISITARÁ A FEIRA A UNIDADE MÓBIL RURAL DISCOVERY DA INICIATIVA PRESUME DE PUEBLO, UNIDADE EQUIPADA COAS ÚLTIMAS TECNOLOXÍAS; ENTRE OUTRAS OPCIÓNS, OFRECERÁN A POSIBILIDADE DE FOTOGRAFIARSE UTILIZANDO DIFERENTES ELEMENTOS  QUE ESTARÁN Á DISPOSICIÓN DAS PERSOAS QUE O DESEXEN EN DIFERENTES PUNTOS DA FEIRA.
PARA ESE DÍA ESTÁN PREVISTAS TAMÉN VARIAS ACTUACIÓNS. ASÍ ÁS 13:00 h ACTUARÁ DIANTE DA CASA CONSISTORIAL A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA SONS E SOÑOS DOS CONCELLOS DE BEGONTE, OUTEIRO DE REI E RÁBADE; ÁS 13:30 h  SERÁ A QUENDA PARA A ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL PENAS DE RODAS QUE REALIZARÁ TAMÉN UN PASACALLE   ÁS 12:00 h DURANTE A INAUGURACIÓN DA FEIRA E QUE A PARTIRES DAS 18:00 h ANIMARÁ COA SÚA MÚSICA AS  RÚAS DO CENTRO, A RÚA MANUEL MARÍA E O CAMPO DE SANTA ISABEL. FINALMENTE, A PARTIR DAS 19:30 h NA PRAZA DO CONCELLO HABERA UNHA EXHIBICIÓN INFANTIL DE BAILE REXIONAL A CARGO DE NEN@S DA AGRUPACIÓN DE BAILE INFANTIL OUTEIRO DE REI.
A PARTIR DAS 13:00 h NO CAMPO DE SANTA ISABEL, NAS  INMEDIACIÓNS DO CIRCUÍTO DEPORTIVO, ESTÁ PREVISTA A PRESENCIA DO ESCULTOR MARCOS MARIÑO QUE COA   SÚA MOTOSERRA TRABALLARÁ SOBRE DIFERENTES ANACOS DE MADEIRA QUE SE COVERTERÁN GRAZAS A SÚA MESTRÍA EN FERMOSAS ESCULTURAS CHEAS DE VIDA. ACOMPAÑADO DOUTROS ESCULTORES  FARÁN RUXIR AS SÚAS MOTOSERRAS E ESTÁ PREVISTO QUE SE FAGAN VARIOS  SORTEOS DE PEZAS REALIZADAS IN SITU  POR ESTES ARTESÁNS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE.
IGUALMENTE, A PARTIR DAS 13:00 h, NO CAMPO DE SANTA ISABEL TERÁ LUGAR A TRADICIONAL  CONCENTRACIÓN DE COCHES A CARGO DO CLUB 600 DE LUGO.
NESTA MESMA ZONA, Á ENTRADA DO CAMPO DE SANTA ISABEL, INSTALARASE POR PRIMEIRA VEZ UN PUNTO DE ADOPCIÓN CANINA A CARGO DA EMPRESA OUTEIRIENSE GARATUXA QUE ESTÁ OCUPANDOSE A TRAVÉS DUN CONVENIO DOS CANS QUE RECOLLE O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI NO SEU TERMO MUNICIPAL. AS ADOPCIÓNS QUE SE REALICEN ESE DÍA NON TERAN NINGÚN CUSTE PARA A PERSOA QUE ADOPTE QUE RECIBIRÁ ADEMAIS ALGÚN AGASALLO  DESTINADO Á ALIMENTACIÓN E COIDADO DO CAN ADOPTADO.
NA RÚA MANUEL MARÍA ESTÁ PREVISTO QUE A EMPRESA LETME SOLUCIONES SL EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN RESINEIRA AREGA 16 REALICE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O APROVEITAMENTO DA RESINA E INCLUSIVE FAGAN DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA DE APROVEITAMENTO RESINEIRO SOBRE UNS FUSTES DE PINO.
COMO NAS PASADAS EDICIÓNS,  HABERÁ  POSIBILIDADE  DE XANTAR A PARTIR DAS 13:30 h  NA FERMOSA CARBALLEIRA DO CAMPO DE SANTA ISABEL BEN BAIXO CARPA, ONDE A COMIDA SERÁ SERVIDA POLO RESTAURANTE A PALLOZA OU NO PROPIO CAMPO NAS TRADICIONAIS MERENDAS.
ÁS 17:30 h SAIRÁ UN BUS TURÍSTICO DAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL QUE VISITARÁ O  CAMPO DA FEIRA E AS PENAS DE RODAS EN GAIOSO, A IGREXA DE ROBRA E O  SALTO DO PIAGO. O PERCORRIDO FINALIZARÁ COA VISITA Á CASA-MUSEO MANUEL-MARÍA.

AS PRAZAS SON  LIMITADAS  POLO QUE PARA PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE GRATUÍTA É NECESARIO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE NA MESMA O DÍA DA FEIRA NA CASETA DO CONCELLO INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL.

ÁS 17.45 h NO ENTORNO DOS OLEIROS HABERÁ UN ESPECTÁCULO DE MONICREQUES A CARGO DE MIRCROMINA QUE REPRESENTARÁ A OBRA A FAMILIA UNIDA, ESPECTÁCULO PARA GOZAR EN FAMILIA. ESTA OBRA, CHEA DE ACCIÓN, EMOCIÓN E INTERACCIÓN CO PÚBLICO, TEN UNHA DURACIÓN APROXIMADA DE 45 MINUTOS.
ÁS 18:30 h, NAS INMEDIACIÓNS DA CAPELA DE SANTA HABERÁ UNHA EXHIBICIÓN CANINA DE AGILITY A CARGO  DAS EMPRESAS CREANDO VINCULO E GLOBUS NATURA, CUN ESPECTÁCULO QUE INCLUIRÁ UNHA  EXHIBICIÓN DE AGILITY E REMATARÁ OFRECENDO A POSIBILIDADE DE QUE NENOS E NENAS DE 7 A 14 ANOS POIDAN REALIZAR XOGOS LÚDICOS COS CANS. IGUALMENTE, AS PERSOAS ADULTAS QUE O DESEXEN PODERAN INICIARSE NO ENTRENAMENTO EN AGILITY COS CANS DESTAS EMPRESAS.

AO IGUAL QUE NAS PASADAS EDICIÓNS REALIZARASE UN SORTEO DE PREMIOS DE 50 € CADA UN DELES QUE ESTE ANO AUMENTAN A 20.

CADA ESTABLECEMENTO ADMITIDO POLA ORGANIZACIÓN DA FEIRA TERÁ 40 RIFAS QUE REPARTIRÁ ENTRE OS SEUS CLIENTES.

ESTE SORTEO É UNHA INICIATIVA MÁIS, DENTRO DO AMPLO PROGRAMA DE EVENTOS QUE CONTEMPLA A CELEBRACIÓN DESTA FEIRA, COA QUE SE PRETENDE ANIMAR Á XENTE A QUE VEÑA A COÑECER ESTE EVENTO PREMIANDO A REALIZACIÓN DE COMPRAS EN CALQUERA POSTO.
O SORTEO TERÁ LUGAR ÁS 21:30 h   NA CASETA DO CONCELLO SITUADA NAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL. 
ADEMAIS, ESTE ANO O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZA A SEGUNDA EDICIÓN DO CONCURSO  DE PINTURA AO AIRE  LIBRE, QUE TAMÉN AUMENTA A DOTACIÓN DOS PREMIOS.
AS PERSOAS INTERESADAS EN AMPLIAR INFORMACIÓN PODEN ACCEDER AS BASES DE AMBAS CONVOCATORIAS DISPOÑIBLES NA WEB MUNICIPAL E TAMÉN NAS REDES SOCIAIS FB, TWITTER E INSTAGRAM.

CON ESTA FEIRA DE ARTESANÍA  PRETENDESE IMPULSAR E DAR A COÑECER O TRABALLO DO SECTOR ARTESANAL PERMITINDO PARALELAMENTE PROMOCIONAR A ARTESANÍA LOCAL E A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E TURÍSTICA DO MUNICIPIO.
DENDE ESTAS LIÑAS, O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ANIMA AO PÚBLICO EN XERAL A VIR A UNHA FEIRA ONDE  PODERÁN ATOPAR GRAN VARIEDADE DE PRODUTOS, PRODUTOS EXCLUSIVOS E QUE NON SE PODEN MERCAR NORMALMENTE  NOS COMERCIOS HABITUAIS ADEMAIS DE PODER GOZAR DUN DÍA ESPECIAL NUNHA FEIRA CHEA DE POSIBILIDADES, ACOLLEDORA E  REPLETA DE SENSACIÓNS…

O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI DIFUNDIRA ESTE EVENTO  A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS  TWITTER E FACEBOOK (@outeirorei) E EN INSTAGRAM (#feiraouteiro2018) .