Magín Blanco e Najla Shami, enmarcadas no programa Vive o Camiño 2018 en A Guarda

O vindeiro Luns día 25 de xuño a Praza do Reló de A Guarda acollerá as actuacións de Magín Blanco e Najla Shami, enmarcadas no programa Vive o Camiño 2018 do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021.

A programación de Vive o Camiño é una proposta escénica, musical, divulgativa e expositiva que pretende dinamizar e por en valor os Camiños Portugués e Portugués da Costa, con activardes dirixidas ao público de todas as idades, tanto á veciñanza coma aos peregrinos e visitantes dos concellos.

O evento dará comezo ás 20:00

h coa actuación de Magín Blanco, que presentará o seu novo espectáculo musical “Camiño” onde conflúen música, teatro,  contos e poemas de destacados escritores galegos.