Mobile Week Coruña 2018

A cidade de A Coruña acollerá entre os días 21 e 28 de novembro a primeira edición da Mobile Week Coruña, organizada por Mobile World Capital Barcelona, que organiza a prestixiosa Mobile World Congress.

A programación inclúe distintos actos de carácter transversal, para todos os públicos, e que se desenvolverán en máis de 20 espazos distintos entre o termo municipal, a Área Metropolitana e a propia Compostela, na Cidade da Cultura.

O evento estará estructurado en catro eixes de actividade: mWeek TALKS, un ágora de debate para falar  de cómo o mundo dixital influe na actividade diaria das persoas; mWeek LAB, demostracións o talleres de cultura, tecnoloxía, robótica e ciencia, o mWeek Kids, actividades para toda a familia.
No temos que esquecer tampouco mWeek GALLERY, un programa cultural paralelo as charlas tecnolóxicas organizado con entidades da zona que incluirá ruteiros por lugares de interés.