Festa da orella en Dorrón

FESTA DA ORELLA EN DORRÓN

Este domingo 21 de abril terá lugar a II Festa Gastronómica da Orella de Dorrón.

A partir das 12:00 horas ao lado da Casa Cultural de Dorrón en A Granxa, terá lugar a cita gastronómica na que haberá tapas de orella, de polbo, empanadas e churrasco. Esta ano a novidade será a empanada de orella.

A festa estará amenizada polos grupos musicais Soalleira de Dorrón, Brétema e Dúo Nueva Era e rematará a finais da tardiña cunha queimada.

O deseño do cartel realizouse a través dun concurso de debuxos no que participaron os rapaces e rapazas do CEIP Magaláns e o gañador foi o porquiño feito por Yeray Losada.