Este año tendrán lugar entre el 7 y el 12 de septiembre. Este año la atracción estrella será el concierto de MClan el sabado 12 de septiembre.
A lectura do pregón de 2009 realizarase dende os balcóns da casa do Concello o martes 8 de setembro ás 20 horas. Nesta ocasión correrá a cargo dos membros do Coro de Cámara Club Artístico.
A área recreativa da Veronza acollerá o día festivo local, martes 8 a celebración da romaría popular das festas do Portal. Os asistentes disporán de servizo de xantar a partir das 13:00 horas e na sobremesa, a charanga Sorcha e os xogos populares animarán aos que se acheguen ate á Veronza.
CONCERTOS DE GRUPOS MUSICAIS.
Un repertorio de propostas artísticas e musicais diversas, innovadoras e de calidade inundará os derradeiros días de festa.
- Na noite do xoves 10 de setembro chega á praza Maior de Ribadavia o grupo de Álvaro Muras cun proxecto coa intención de ofrecer algo diferente e orixinal.O estilo do grupo clasificaríase dentro do funk fusión experimental. Está formado por un batería, un percusionista e un baixista. Combínase esta formación cun pintor facendo un cadro en directo para dar resultado as outras propostas escénicas. O grupo tamén serve de base para contar con colaboracións de músicos invitados. Con este espectáculo búscanse os puntos de unión entre as melodías, ritmos e sensacións que se poidan transmitir coa música e a pintura.
A continuación tomará a palabra a poetisa galego-croata Deborah Vukusic, que recitará a súa creación nunha performance dinámica acompañada de música e imaxes que encherá a “Noite poético-subversiva” da Praza Maior.
- O venres 11 de setembro a zona da Fonte da Prata acolle un concerto con tres das propostas máis relevantes da música que está a nacer en Galiza.
AID é unha xove artista viguesa (1990), vencellada dende moi pronto aos movemento culturais do grafitti, o rap e o hip-hop. En 2007 é unha das iniciadoras de Licor Kafé, un proxecto musical que embarca a outros novos valores e do que xa naceu o traballo discográfico Licor Kafé Vol. 1. O maior recoñecemento da súa curta carreira chegou a finais de 2008 cando resultou gañadora do IV concurso Heineken Greenspace para novos talentos da música entre os máis de 1.300 proxectos de todo o Estado que concorreron. En Ribadavia AID presentará o seu primeiro disco, Jugando con interpretacións en galego e castelán, un cóctel entre os sons da música negra do pasado e o rap coa técnica máis depurada da actualidade na compaña dun dj e un bailarín de breakdance.
O grupo ourensán Coanhadeira comeza a súa traxectoria como grupo folk en 2006. Gañadores na modalidade de folk do I Concurso Musical Nsaio no Camiño, tamén participan na rede galega de musica ao vivo e no festival Vai de Camiño 08, ano no que tamén resultaron gañadores do IX Certame de Música Folk Radio Obradoiro e Grupo finalista no Proxecto Runas '08 de Ortigueira. Presentará en Ribadavia o seu primeiro traballo discográfico no que se advirten a formación clásica dos seus intérpretes e a experiencia no eido da música tradicional e folk, mesturados coas influenzas musicais actuais e instrumentos "non tradicionais".
Nado en 1999 en Ourense, Guezos busca incorporar ás súas composicións ritmos actuais baseados na música electrónica sen perder as súas raíces Folk, con pingas de rock, funk ou reggae, e ata rumba. Guezos publicou tres traballos ata a data: Guezos (2001), Terradentro (2004) e o compilatorio Virtual 99-06.

- Sábado 12 de setembro.
23:00 CONCERTO CON M-CLAN.
GRUPOS TELONEIROS “TANTO TEN” (Ribadavia) E “LOS SESUALES” (Ribadavia) DENDE AS 21:30. EXPLANADA DO INSTITUTO.
VENDA DE ENTRADAS NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO, ESTABLECEMENTOS HOSTELEIROS DE RIBADAVIA E na web de Servinova
ENTRADA ADULTOS: 5 €
ENTRADA MENORES 18 ANOS: 3 €
ENTRADA EN TAQUILLA O 12 DE SETEMBRO: 6 €
ORQUESTRAS
As orquestas Costa Azul (Ribadavia), Aramio e Ritmo Joven acompañan as noites de festa dos días 8, 9 e 12 respectivamente. As verbenas amenizadas pola súa música situaranse na zona do cruce da Praza de Abastos, ondea toparán un amplo espazo para despregar os seus espectáculos de luz e son para o público ribadaviense.
CHARANGASSorcha é un grupo ribadaviense de recente formación composto por unha ducia de mozos entusiastas da música formados no seo da Banda da Lira. Sorcha explora os temas das bandas populares, do rock e do pop para versionalos coa orixinalidade e a frescura que lle aporta a xuventude dos seus membros. Sorcha estará presente na romaría da Veronza o martes 8 e tamén realizará un pasarrúas ás 12 horas do sábado día 12

PROGRAMACIÓN DE BANDAS POPULARES:
- O martes 8 de setembro celebrarase o tradicional certame de bandas populares das festas do Portal, coa presencia da Unión Musical de Meaño e La Lira de Ribadavia. Ambas ofrecerán un pasarrúas e de seguido un concerto no auditorio do Castelo.
A Escola de Música de Meaño ten a súa orixe en 1980, como refundación da Banda de Música da localidade pontevedresa. A partir de entón, o proceso de formación de músicos foise consolidando e froitos coma os recentes recoñecementos acadados por esta agrupación coma o 3º premio do Festival Internacional de Bandas de Música de Valencia en 2008 ou o 3º galardón do X festival internacional “Villa de Aranda” de Aranda de Duero, en agosto de 2009.
A continuación actuará no certame, a decana das bandas de Galiza, La Lira de Ribadavia co seu director, Manuel Vázquez Gregorio á fronte dun intenso proceso de rexuvenecemento, coa incorporación dunha ducia de novos intérpretes ribadavienses nos últimos dous anos.
- O mércores 9 de setembro tomará parte nas festas do Portal a Banda Marcial ou Banda Velha de Fermentelos (Aveiro, Portugal). Foi fundada em 1868 e conta dunha escola de música propia da que xurdiron numerosos músicos profesionais, que serven en dicersas escolas de música portuguesas como docentes. O seu repertorio é sumamente versátil: marchas de desfile, marchas de concerto, repertorio sinfónico dos séc. XIX e XX, obras solísticas, música popular, música tradicional, bandas sonoras de filmes e música contemporánea. A banda Velha de Fermentelos gravou xa 4 discos e na súa traxectoria recente efectuou diversas xiras en España e Francia. A Banda apresentase en Ribadavia con 60 a 70 executantes, sendo o seu Director Artístico, o Prof. Doutor Carlos Marques. O máis recente recoñecemento da banda de Fermentelos foi o 2º premio do Festival Internacional de Musica de Bandas, que tivo lugar no Palau de la Música de Valencia en xullo de 2009.
Esta banda ofrecerá en Ribadavia un pasarrúas matutino, un concerto a mediodía no palco de música da Alameda e un concerto ao serán no auditorio do Castelo, despois de acompañar a baixada da Virxe do Portal ate a súa capela.
- O xoves 10 de setembro, as rúas de Ribadavia en feira acollerán un pasarrúas da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla (A Coruña). Esta agrupación foi fundada en 1927 e no seu periplo musical ten realizado concertos e actuacións por toda a xeografía galega, Portugal e diversos puntos de España (Madrid, Zamora, Barcelona, Valencia, ...), tamén participa en festivais de bandas, e organiza o seu propio, “Festival de Bandas de Música do Patio”, no marco do Pazo de Ortigueira (Santa Cruz).
Dende a canteira, Santa Cruz conta nestes intres cunha escola de música da que xurdiu unha Banda Xuvenil formada por cuarenta alumnos, que auguran a continuidade da Banda. Na actualidade a Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla está formada por sesenta e cinco intérpretes, e a fronte da dirección titular, o xove maestro galego D. Juan Lois Diéguez (1980), co cal acadaron o primeiro premio na sección primeira do Certame Nacional de Bandas de Música de Leganés e o primeiro premio no Certame Nacional de Bandas Vila de La Sénia (Tarragona).