Páginas

Carnavales en Verín 2010

Carnavales en Verín 2010
Programa oficial do entroido de Verin (en Galego)

Llega uno de las fiestas más recomendadas del año en Galicia las fiestas del carnaval en el entorno mágico de los carnavales en Ourense Verin, Laza, Viana y Xinzo de Limia.

El programa de los carnavales 2010 en Verin es el siguiente:

Programa del Carnaval 2010

XOVES DE COMPADRES (4 FEBREIRO 2010)
Tras a primeira saída dos cigarróns no día de San Antón, arrinca o Entroido 2010 co Xoves de Compadres. Despois e cear nos restaurantes da Vila, a partir da media noite os verinenses percorrerán as rúas Montemaior e Lisa, Praza García Barbón (onde se celebrará o Xuizo do Maragato), Cruz, Merced, Praza da Merced, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luis Espada, Lisa e García Barbón, onde terá lugar a Queima do Maragato. Durante esta viaxe, os compadres irán acompañados do Carro do Meco e da música da charanga Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín, para acabar a festa na Praza bailando coa Disco-Movil Jorge.


DOMINGO DE CORREDOIRO (7 DE FEBREIRO DE 2010)
Descarga de bombas de palenque e concentración de cigarróns na Praza do Concello a partir das 11:30 horas, que saudarán aos fregueses á saída da Igrexa Parroquial e da Igrexa dos RR.PP. Mercedarios, baixo o son atronador das súas chocas e o castigo dos látigos.Na Praza García Barbón, Disco-Movil Jorge será o encargado de por a música.

Logo de conquistar as rúas, ás 14 horas, xantar popular con polbo na praza da Alameda. Xa pola tarde, desde as 18 ás 22 horas, cederase o protagonismo aos maiores que bailarán ao ritmo das charangas Trouladae Támega e a orquestra Los Aramio

XOVES DE COMADRES (11 DE FEBREIRO DE 2010)
A partir das 11:30 horas, Gran Desfile Infantil de Entroido, no que os máis pequenos do CEIP Princesa de España, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Escolas Unitarias do Val de Monterrei, CEIP Castrelo do Val, Gardería Pinocho, Preescolar na casa, CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós e CEIP As Vendas da Barreira tomarán as rúas de Verín. Este ano, ademais, dentro do Programa Eurocidade, contaremos coa participación das Escolas de Chaves
O desfile, amenizado polas charangas Támega, Troulada, Madialeva, Garrafón.com e Cuatro Gatos, partirá do entrocamento da Canella Cega coa estrada de Cabreiroá. Tras percorrer as rúas Deputación, Luis Espada e Lisa, poráse punto e seguido ao Xoves de Comadres na Praza García Barbón.

Pola noite, sairán as comadres e encherán todos os restaurantes de Verín, coa animación das charangas Támega, Troulada, Madialeva, Garrafón.com, Penas ceibes e Cuatro Gatos. Ás 00:00 horas, no Barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva de Don Carnal, procedente do Camiño Real. Mareas e mareas de mulleres, e de outros tantos homes disfrazados de féminas, sairán na Procesión dos Fachóns, desde a Casa do Escudo ata a Praza Gracía Barbón polas rúas San Lázaro, Luis Espada e Maior

Despois do saúdo da Raíña e Don Carnal, arrincará a lectura do Pregón. Luces, son e risas recordaránlle aos presentes que o Entroido 2010 chega con paso firme. Un ano máis, ¡VIVA O ENTROIDO! ¡VIVA VERÍN!
E para finalizar, grandes doses de humor, animación e música. A orquestra Passarela porá o broche á noite máis "feminina" do entroido verinense.

VENRES DE COMPADREO e COMADREO (12 DE FEBREIRO 2010)
Como todos os anos, o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa. Ás 18 horas terá lugar a saída dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da Vila, con paradas estratéxicas para mollar a gorxa e encher o bandullo.Irán acompañadas en todo momento polas charangas Támega, Santiaguiño e N.B.A, para no fin, rematar na Praza de Edesio Fuentes con unha sesión de "tapeo" e queimada para as comadres e compadres participantes.
Pola noite, verbena popular na Praza García Barbón co Grupo Ritmo Joven.

SÁBADO DE ENTROIDO (13 DE FEBREIRO 2010)
Descarga de foguetes e alboradas coas charangas Támega, Xente Nova e Madialeva desde as 10 horas.Ás 17 horas, na Praza do Cigarrón, terá lugar un acto solemne no que serán vestidos e bautizados, con todas as honras, tres novos cigarróns acompañados da Raíña do Entroido e Don Carnal. Animación a cargo de Disco Movil Jorge As charangas Támega, Xente Nova, Troulada e Madialeva encargaránse de por a banda sonora por todas as rúas da vila en sesión de tarde e noite, que culminará coa actuación das orquestras Trovadores e América.

DOMINGO DE ENTROIDO (14 DE FEBREIRO 2010)
É este o día grande do Entroido. A mañá arrinca cunha descarga de foguetes que despertará a todos os entroideiros, seguido da concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns ás 12 horas no Barrio de San Roque para o gran desfile, que como todos os anos, comenzará a partir das 12:30 horas.As charangas Mekanika, Xente Nova, Madialeva, Troulada, DDT e a Banda de Gaitas do Concello de Verín serán as encargadas de acompañar o desfile, percorrendo as rúas Luis Espada, Alameda e as Prazas da Alameda e García Barbón.Na sesión vespertina e nocturna, continuará a animación musical polas rúas da vila coas charangas e, na Praza García Barbón, as orquestras Solara e Trovadores calmarán as nosas ansias de baile.

Luns de Entroido - LUNS FARELEIRO (15 DE FEBREIRO 2010)
Unha descarga de foguetes recordará aos sobreviventes que o Entroido ainda non acabou e que regresa a música ás rúas coas charangas Terras Novas de Trives e Madialeva.A partir das 16:30, os máis pequenos poderán divertirse no Pavillón Municipal de Deportes con xogos infantís e inchábeis. O requisito imprescindible, xa sabedes cal é: ir disfrazados!Seguindo a tradición dos últimos anos, ás 17:30 horas empezaremos na Praza García Barbón a Farelada, acompañados polas charangas Terras Novas de Trives, Támega e MadialevaA partir das 19 horas, haberá unha merenda coa degustación de empanadas, bica e viño. Despois, desfrutaremos dunha verbena popular amenizada polas orquestras Compostela e Alcotan.

MARTES DO ENTROIDO (12 DE FEBREIRO 2010)
Bombas de palenque e pasarrúas matinais coas charangas DDT e Madialeva.Ás 16 horas, como sempre, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque, para ás 16:30 horas, dar comezo ao Gran Desfile, que realizará o mesmo percorrido que o domingo. Todo iso amenizado polas charangas Mekénika, Troulada, Madialeva, DDT e Támega, xunto coa xente da Escola de Música Tradicional do Concello de Verín.A festa continuará, a modo de despedida, ata que o corpo aguante, na Praza garcía barbón coa actuación das orquestras Trebol e America S.L.

DÍA DE PIÑATA (DOMINGO 21 DE FEBREIRO DE 2010)
Almorzo de Piñata para os participantes en comparsas e carrozas. Baile popular na Praza García Barbón a partires das 17:30 horas, que porá o broche final a este Entroido 2010.

Si quereis más información ver también: