Páginas

Entroido en Cuntis

Entroido en Cuntis - Turismo en Cuntis
Tapalacón en Cuntis 2010

Gracias A concellaría de cultura do Concello de Cuntis no tenemos excusa para acercanos a visitar Cuntis ya que pone en marcha unha nova edición do programa UN INVERNO DE ENTROIDO, unha campaña de promoción turística e cultural que a concellaría organiza coa colaboración de diferentes establecementos e entidades de carácter sociocultural do concello.

A concellaría de cultura consegue deste xeito aunar a oferta cultural e de ocio coa celebración do Entroido, unha tradición fortemente arraigada no noso concello. UN INVERNO DE ENTROIDO propón as seguintes actividades entre o 16 de xaneiro e o 21 de febreiro:

1.- Obradoiro do Chapante e formación da Banda do Chapante
Será todos os sábados entre o 16 de xaneiro e o 20 de febreiro. Os nenos e nenas do concello encargaranse de elaborar o chapante que será enterrado o día 21 de febreiro e crearán unha banda que acompañará coa súa música ao Enterro do Chapante.

2.- Obradoiro da camelia
Será o sábado 30 de xaneiro. Neste obradoiro Leonor Magariños achegaranos ás técnicas de propagación da camelia (enxerto, enraizamento, reproducción por semente...) e como remate os/as participantes no curso realizarán unha plantación de camelias procedentes da Estación Fitopatolóxica do Areeiro na finca municipal de Monte Beirós, no Portodegómez.

3.- Tapalacón
Os días 5 e 6 de febreiro celebrarase este certame de creación de tapas adicado ao lacón con grelos como unha forma de promocionar a restauración local e os produtos relacionados con esta festa gastronómica. O Tapalacón demostrará que a gastronomía do concello goza de moi boa saúde e que Cuntis, ademais de augas termais e turismo cultural, abandeirado pola importante labor que a Fundación Terra Termarum está desenrolando arredor do xacemento castrexo de Castrolandín, posúe un destacado elenco de establecementos que nos ofrecen productos competitivos, de alta calidade e dunha gran variedade.
Participarán un total de 9 establecementos.

4.- Entroido en Mesego
A Asociación Cultura le Veciñal Santa Apolonia de Mesego e Zo e a Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo encargaranse da organización desta festa de disfraces para a que a concellaría de cultura ofrece un servizo gratuíto de autobús, o Mesegobús, ate o campo da festa.

5.- Desfile de entroido
Será o domingo 14 de febreiro e haberá máis de 3.000€ en premios para as mellores comparsas, grupos, carrozas e disfraces individuais.

6.- Gala do chapante
Será o venres 19 de febreiro no Centro Patelas cando os nenos e nenas participantes no obradoiro do chapante nos presenten a súa creación. Ademais no acto contaremos coa participación de Mofa e Befa co seu espectáculo Cociña para Chapantes.

7.- Expolacón
O sábado 20 de febreiro presentaranse as exposicións que o domingo 21 formarán parte da Festa do Lacón con Grelos:
- Unha vida pegada á máquina: xastres modistas e costureiras de Cuntis
- Bandas, músicos e orquestras de Cuntis

8.- Festa do Lacón con Grelos

Será o domingo 21 de febreiro con un programa que inclúe, entre outros:
- A camelia no lacón con grelos. Máis de 100 mts de exposición das distintas variedades desta flor
- Exposicións
- II Vespalacón
- Mostra de Entroido Tradicional (Os Caretos de Podence – Portugal)
- Xantar
- Obradoiros de artesanía e obradoiros de entroido
- Feira de artesanía e produtos agroalimentarios
- Enterro do Chapante

Toda a información sobre esta campaña de promoción turística e cultural pode ser consultada na web http://www.turismodecuntis.com/.

Ademais, tendo en conta que UN INVERNO DE ENTROIDO non só resultará de interese para os veciños e veciñas do concello senón tamén para todos os turistas e viaxeiros que se acheguen á nosa comarca, a concellaría de cultura está realizando unha ampla distribución deste programa a través das oficinas de turismo e dos establecementos de interese turístico da comarca.
Este programa consolida boa parte das actividades propostas na pasada edición e que contaron con unha gran participación e incorpora novidades que completan as anteriores como a formación da Banda do Chapante, a Gala do Chapante, o Expolacón ou a Feira de artesanía e produtos agroalimentarios
Ver también: