MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO COTOMANGUELO
2012 en A Estrada
Un ano máis a Asociación Cultural Cotomanguelo de Orazo celebra a súa Mostra
de Teatro Afeccionado. Esta edición presenta a seguinte relación de compañías e
datas de actuación:
VENRES 28 ás 22.00 h- Compañía da Asociación Socio Cultural Cotomanguelo coas
obras “A clase de ceboliño”, “A consulta do doutor Xavi” e “A feira do
cinco”)
SÁBADO 29 ás 22.00 h- Teatro da Zarabándula coa obra “Entre nós, mulleres”.
Unha actuación promovida a través do ciclo organizado polo Departamento de
Cultura do Concello da Estrada “O Teleclub da comedia”.
DOMINGO 30- 19.00 h Compañía Disfunción Continua coa obra “Cóncavo
convexo”.
Entrada: De balde.