Páginas

Festa do polbo en Xove

XIIª edición festa do polbo en Xove

Desde Xove nos envían esta comunicacion para invitar a participar na festa.

28 marzo en Xove a partir 19:00

Esta Festa consolídase ano a ano e para esta edición, que vai comezar ás 19:00 horas, ousexa, que a partires das 7 da tarde xa se vai comezar a repartir polbo, a organización dispón duns 800 kg. de polbo que vai ser preparado polos diferentes locais en multitude de variedades. Decir, neste sentido, que cada ano os distintos hosteleiros elaboramos diferentes e novas recetas cada edición, co fin de sorprender aos visitantes, sen deixar tamén de cociñar o polbo nas súas formas máis tradicionais.
A organización deste evento corre a cargo dos seguintes establecementos: Pulpería O Refugio, Cafetería O Roda, Bar Pepe, Cervecería Cociña, Cafetería Centro Cívico e Mesón-Pizzería A Fuga. Contamos tamén, e non podía ser doutra maneira, co importante patrocinio e colaboración do Concello de de Xove. Por último, aproveitamos para animar e invitar a participar nesta Festa, a toda a xente de Xove, da Mariña