Feria cerveza artesana Ourense 2013
Feira cervexa artesá Ourense
A primeira feira da cervexa artesá de OURENSE
terá lugar os días 20, 21 e 22 de Setembro de 2013 na
Avenida de Pontevedra (o lado da Alameda e a Praza
Maior)
Poderanse degustar case 100 tipos de cervexas
artesás diferentes o longo dos tres días.
Contaremos con cervexeiros artesáns vidos dende
diferentes partes de España, destacando os galegos
como son CERVEXA ANCORA (Ourense),
CERVEXA MENDUIÑA ( Pontevedra), CERVEXA
DAMA ALARICANA (OURENSE, Allariz),
CERVEXA KELTIUS (Ourense) e CERVEXA O
CORVO (Pontevedra, Rivadumia).
Outras cervexeiras Españolas que participarán son:
NAPARBIER (Pais Vasco), DOUGALLS ( Cantabria),
GRUIT (Barcelona), LA CIBELES ( Madrid), BAYURA
(Asturias), LA PETRA (Pamplona), SAGRAL (Toledo).
A nivel internacional contaremos con CHIMAY (Bélxica),
LINDEMANS (Bélxica), e MAGIC ROCK (Inglaterra).
A feira da cervexa artesá ofrecerá o visitante
unha gran variedade de actividades.
Esta novedosa feira virá para
quedarse dende o Venres 20 de Setembro ata o
Domingo 22 de Setembro.
Será a ASOCIACIÓN
GALEGA DE CERVEXEIROS ARTESANS os
encargados de realizar este evento . A
Asociación pretende dar a coñecer un producto
artesanal por agora bastante descoñecido e
profundizar na cultura desta bebida.
Habilitaranse vinte stands de 3 por 3 situados
na Avenida de Pontevedra (o lado da praza
Maior e da Alameda), onde poder degustar as
diferentes variedades de cervexa artesá .
A entrada á feira e totalmente gratuita pero para
consumir hay que mercar o vaso oficial que ven
acompañado dunha guía onde aparecen
reflexados os nomes e as diferentes cervexas
que participan no evento.
Os visitantes que queran acceder pero non
consumir poden facelo, o ser libre o acceso: o
vaso da feira actúa como pasaporte para visitar
os diferentes stands.
Colocaranse mesas e bancos o longo da rúa .
O Venres 20, as 18:00 horas será a
inauguración do evento. As 22:00 horas será o
concurso á etiqueta mais orixinal da feira.
As 22:30 teremos o concerto de música o cargo
do grupo “ BLUE MONK”.
O Sábado 21, as 12:00 apertura da feira.
As 15:00 horas, curso de realización de cervexa
artesá gratuito na tenda “el club de la birra” (rúa
Pena Corneira,nº5), previa inscripción en :
elclubdelabirra@hotmail.com. (máximo 20
participantes).
As 21:00 horas concurso da mellor cervexa
artesá da feira.
As 22:30 horas concertó de música o cargo de
grupo “ LOS DEL BARRO”.
O Domingo 22 de Setembro, as 12:00 horas
apertura da feira.
As 12:30 horas, charla do Sr. David Castro
fundador da cervexa artesá “LA CIBELES”
(Madrid) en el club de la birra (rúa Pena
Corneira, nº5).
As 15:00 horas, curso de realización de cervexa
artesá gratuito na tenda “el club de la birra” (rúa
Pena Corneira,nº5), previa inscripción en :
elclubdelabirra@hotmail.com. (máximo 20
participantes).
As 23:00 horas clausura da feira da cervexa
artesá.
A feira vaise realizar na Avenida de Pontevedra.
Os horarios serán o Venres 20 de Setembro
dende as 18:00 ata la 1:30 da madrugada; o
Sábado 21 de 12:00 do mediodía a 1:30 da
madrugada e o Domigo 22 de 12:00 da mañá as
23:00 horas

