Páginas

Exposición Dinosaurios en IFEVI Vigo

Tras visitar exitosamente xa 50 cidades de todo o mundo, dende o 31 de Outubro ao 19 de Xaneiro de 2014, teremos a posibilidade de gozar en IFEVI de 200 réplicas de Dinosauros animatrónicos (con movemento e voz accionados con células fotoeléctricas). Destes 200 Dinosauros, 50 deles son réplicas a tamaño real entre as que non faltará por suposto o temido e coñecido Tyrannosaurus Rex, ao que seguro que nenos e maiores viron xa en películas e debuxos animados en innumerables ocasións.
 
En DAYS OF THE DINOSAUR os visitantes terán a oportunidade de revivir como era nosa terra na época dos dinosauros, xa dende a súa entrada á mostra: a viaxe empeza nun cuarto escuro en forma de caixa, unha "máquina do tempo" onde retrocederemos 250 millóns de anos cara ao pasado a era Mesozoica.
 
Ademais das réplicas dos dinosauros, os máis pequenos terán diferentes zonas lúdicas e educativas para recrearse: Área interactiva, zona de escavación, dinoshop, Dinosauros interactivos, mesas de debuxo, areeiro, dinoride, dinofoto, etc...
 
Datas: Do 31 de Outubro ao 19 de Xaneiro
Horarios:
 
· Grupos escolares, de luns a venres lectivos de 10:00 a 14:00
· Xoves 31 de outubro aberto ao público de 16.00 a 21.00 horas
· Venres polas tardes 16:00 a 21:00
· Sábados, Domingos e Festivos de 11:00 a 21:00
Horarios en vacacións de Nadal:
· Do 21 de decembro ao 8 de xaneiro de 11:00 a 21:00
· 24 e 31 de Decembro e 5 de xaneiro de 11:00 a 18:00
· 25 de decembro e 1 e 6 de Xaneiro de 16:00 a 21:00
 
 
Prezos: - Adultos... 9 €
- Infantil (de 3 a 12 anos)... 6 €
- Paquete Familiar (2 adultos +2 nenos)... 25 €
- Menores de 3 anos... Gratis
* Centros escolares e outros grupos, reserva anticipada.
* O despacho pecha 1 hora antes do peche da exhibición.
 
Máis información en www.daysofthedinosaur.es