VIII
FEIRA DA ARTESANIA DO FERRO – RIOTORTO ‘14
O
son dos ferreiros volverá a soar unha vez máis o vindeiro domingo de 13 abril,
nunha celebración na que a promoción e exhaltación deste oficio será a base
fundamental desta cita.
Catro
ferreiros do municipio exhibirán o seu dominio do oficio, aínda que haberá
tamén ferreiros de Fonsagrada, Guntín Santiago e Santa Eulalia de Oscos. As
demostracións en vivo deixarán paso as demostracións de olería, talla de
madeira, cestería, cantería, talla en madeira e carbón vexetal, así como espectáculos
de animación ofrecidos pola compañía Volta e Dalle co persoaxe Buqueiras e Os
Feirantes a cargo da compañía Os Quinquilláns. A variedade está asegurada, pois a Riotorto
acudirán tamén máis de 100 expositores de diferentes especialidades e que
realizan os seus traballos artesáns con materiais coma o coiro, xoieria, vidro,
madeira, fimo, mármol,… (corenta se
ubicarán no pavillón e os restantes adicados fundamentalmente á alimentación e
productos de diversa índole estarán emprazados ao longo das rúas contiguas ao
recinto feiral.
VIII
FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO
PROGRAMA
DE ACTIVIDADES
DOMINGO
13 DE ABRIL
11,00 APERTURA
DA FEIRA
Artesanía dos Ferreiros de Riotorto, Obradoiro do Ferro Infantil, Talla
Madeira, Alfarería, Carbón Vexetal, Torneado de madeira, Artesáns, Demostración
en vivo da artesanía do Ferro.
11,15 DEMOSTRACIÓN OFICIOS TRADICIONAIS
TORNEADO DE MADEIRA a cargo de Jesús Iglesias
(Ortigueira)
ALFARERÍA a cargo de Os de Laura (Buño)
TALLA DE MADEIRA a cargo de
Roberto
Figueira (Rianxo)
OBRADOIRO DE CARBÓN VEXETAL (ata as
17,00 horas)
12,00 INAUGURACION OFICIAL da VIII FEIRA DA ARTESANÍA
DO FERRO
Actuación
musical dos GAITEIROS DE RIOTORTO e do
CORO DE RIOTORTO
12,30 DEMOSTRACIÓN EN VIVO da Artesanía do
Ferro: FERREIROS DE RIOTORTO, FERREIROS DA FONSAGRADA, FRIEDRICH BRASMSTEIDL (ferreiro
austríaco) e ALBERTO LEIS (Ferreiro
de Santiago de Compostela)
Animación
de Rúa a cargo cargo da compañía Os
Quinquilláns co espectáculo “OS FEIRANTES”
13,00 OBRADOIRO DE FERRO INFANTIL, a cargo do ferreiro
austríaco FRIEDRICH BRASMSTEIDL
13,30 Animación
de Rúa a cargo de Volta e Dalle co espectáculo “BUQUEIRAS”
16,30 DEMOSTRACIÓN OFICIOS
TRADICIONAIS
TORNEADO DE MADEIRA – ALFARERIA – TALLA
MADEIRA – CARBÓN VEXETAL
DEMOSTRACIÓN
EN VIVO da Artesanía do
Ferro: FERREIROS DE RIOTORTO, FERREIROS DA FONSAGRADA, FRIEDRICH BRASMSTEIDL (ferreiro
austríaco) e ALBERTO LEIS (Ferreiro
de Santiago de Compostela)
Animación
de Rúa a cargo da compañía Os
Quinquilláns co espectáculo “OS FEIRANTES”
OBRADOIRO
DE FERRO INFANTIL, a cargo do ferreiro austríaco
FRIEDRICH BRASMSTEIDL
18,00 Animación
de Rúa a cargo de Volta e Dalle co espectáculo “BUQUEIRAS”
19,30 Actuación Musical no recinto feiral
O recinto feiral estará
cuberto baixo carpa Degustación
de Polbo e Comida