Páginas

Festival Armadiña Rock Combarro 2014

O Armadiña Rock, festival organizado pola Acdem Armadiña que terá lugar o venres 22 de Agosto na plaza de Chousa (Combarro), está a piques de sacar á luz o cartel que promoverá o festival de este ano, do cal xa coñecemos ós grupos participantes.

Con xa 5 anos de experiencias, reunións, vivencias e música, os organizadores pechan a programación con tres grupos galegos de grande índole: Dakidarría, Medomeda e MLK, dando así gran importancia ó rock galego e cada vez mais auxe ó festival, con renome xa en toda a comunidade autónoma.

Dakidarría e unha das bandas máis importantes do Ska estatal chega ao Armadiña Rock dentro da súa xira “Dez anos da rúa” e onde presentan o seu novo disco “Utopías Emergentes” que o catapultan entre os mellores do seu xénero.

Esta banda do Val Miñor, está formada por 8 músicos con dilatada experiencia e traxectoria, apostan pola enerxía, o baile e a festa, a todo isto hai que engadirlle uns textos cargados de temática social.

Tras dez anos de concertos, editaron xa tres discos: “Fragasaurus Rex” (Sindrome Discos, 2005), “El futuro nunca existió” (Santo Grial, 2008) e “Realidades Alineantes...” (Revolution producions, 2010) que se completa co lanzamento do seu último disco “Utopías emergentes” (Maldito digital, 2011).

Con esta entrega conseguen editar dous discos antagónicos en pouco tempo, dúas propostas sonoras cargadas de enerxía na que amosan a realidade desde o seu punto de vista, que fai reflexionar o espectador acerca do mundo no que vive.

Durante este tempo, presentaron o seu proxecto arredor de toda a península, incluída unha xira que lles levou a percorrer boa parte de México. Dakídarría ven actuando nos máis importantes festivais do estado: Viña Rock, Son Rias Baixas, etc.

Medomedá é un grupo de rock galego que xurdiu en Teo no 2008.

Procedentes de grupos como Trifulka, Sufridos e Drinkin'Tinto, estes xa veteranos da música galega crearon no 2008 Medomedá, un grupo musical cun estilo que eles deron en chamar “rock gilipollas”.

Este novo proxecto musical, con fortes influencias de grupos como Heredeiros da Crus, deuse a coñecer co seu primeiro tema de estudio “Quero ver como te ris” presentado ó concurso A polo ghit (2008), onde tivo gran éxito e quedou entre os finalistas.

Dende entón este grupo de Teo tivo unha gran acollida participando nunha chea de concertos ó longo destes catro anos, entre os que cabe destacar:

Festival Brincadeira (2012), Festival de Noso (2011), Castelo Rock (2012), Festi Sahara (2010), Rock in Rian (2010), Cruceiro Rock (2010)…, ademais de numerosas actuacións en salas coma a Nasa ou a Capitol. Tamén presentaron o seu “Quero ver como te ris” no programa da TVG Tourilandia.

No 2012 saíu o seu moi esperado primeiro disco, chamado Mellorando pa peor no que inclúen unha introdución e 12 temas entre os que destacan “Quero ver como te ris”, “Vas de guai e non chegas a chachi” ou “Un polbo botábao” polo gran éxito que xa tiveran nos directos.

MLK é unha banda de rock pontevedresa mais as súas orixes teñen lugar nun piso de estudantes de Compostela. Nel Peligro Sánchez e Miguel Neira xúntanse para gravar as cancións sen maior pretensión de pasar o tempo. Froito de estas sesións saen temas como "Home Recording Sessions".

Despois de varios concertos como dúo, a banda cambia varias veces de formación até chegar á actual, incluíndo a Gabi no baixo e Vio na batería. En xaneiro de 2012 publican a maqueta "The Evil in Gospel" onde xa se pode observar unha evolución da formación.

Xa no 2013 grava o seu primeiro LP. Tras moito traballo MLK vai madurando o seu son, rompen co pasado, e se entregan o rock potente dos 90'. Actualmente atópanse inmersos na gravación do seu primeiro álbum.

Nas últimas edicións, este festival realizado en Combarro, foi encadrado nas Festas do Mar que organiza o Concello de Poio, xunto cos Encontros de Embarcacións Tradicionais. Este ano a programación completa desta semana festiva en Combarro é a seguinte:

Mércores 20 de agosto - Celtas Cortos.

Xoves 21 de agosto - Cristina Pato

Venres 22 de agosto - Festival Armadiña Rock

Sábado 23 de agosto - Los Secretos


Tal e como nos teñen acostumados, os organizadores do Armadiña Rock están en proceso de realización do vídeo promocional do festival, xunto o libro de publicidades colaboradoras, así como do meschandising, formado por chapas, camisolas, etc.

Armadiña Rock 2014, un festival cheo de sorpresas e ideas novedosas que non deixarán indiferente a ninguén!