KORRONTZI E ESKORZO ACTUARÁN O 23 DE AGOSTO NO FESTIVAL DO CASTRO EN PANTON
O grupo folk vasco Korrontzi e os andaluces co seu afrobeat Eskorzo actuarán o 23 de agosto no concerto do Festival do Castro a partires das 22.00 horas, sendo estes os grupos de fora da Galicia escollidos nesta edición, nas vindeiras datas farase público os grupos do país que completarán as actuacións do concerto festivaleiro.
O Festival do Castro, ven realizándose anualmente dende 2006, chegando este ano á novena edición organizada pola Asociación Cultural O Castro dende entón.
Fieis ó estilo de xornada completa de activades no plano cultural e festivo manterá un esquema similar ó de anos anteriores aínda que se introducirán, como cada ano, adaptación nalgunha actividade, ó estilo do fenómeno que supuxo na edición anterior a actuación musical do “Atardecer no Castro”, así pois, confirmado, este ano volta o Festival do Castro, 23 de agosto, todo o día no Castro, non fagas máis plans para esta data!!!
Durante todo o día hai animación e actividades nas que poder participar. Todo o festival é gratuito e para integrarse nalgunha actividade só hai que perder o medo e botarse a bailar, a cantar, a berrar...
Acampada libre
Dispomos dun espazo reservado para tendas de campaña que está no recinto do Festival e que ten toma de auga e sombra. Está dispoñíbel desde o día 16 até o día 18 para que non haxa presas. O espazo de acampada está valado e ten persoas da organización do Festival atendendo á entrada.
Bar e bocatas
Como cada ano montamos unha barra con bebidas, licores, refrescos e bocatas a prezos populares para que nada falte na noite do Festival. Está cuberto por unha carpa onde tamén se desenvolve o xantar popular e conta con mesas para comer, beber e conversar. Ademais de produtos da terra conta cun futbolin e música.
Do Festival somos todos, do Castro somos todas!
O Festival naceu con vontade solidaria, popular e participativa. Cada ano supón un esforzo económico manter un espazo como este nas mans dunha asociación como a nosa e que sexa gratuito e independente. Se axudan institucións, negocios e particulares tamén debéramos de contribuir todos e todas as que nos achegamos a disfrutar do festival. Por suposto que non imos proibir que quen queira traia comida ou bebida... todos e e todas imos de festivais. Só pedimos que que apoies esta aventura anual deixando algunha aportación no bar da organización ou que non marches sen a túa camiseta.
Aparcamento e servizos.
Ainda que unha vez alí non o parece o castro está no casco urbán de Ferreira de Pantón, polo que dispón de todos os servizos (restaurantes, gasoliñeira, supermercados, ...). Para aparcar non é difícil atopar sitio nos derredores do festival. Recomendamos que unha vez chegados a Ferreira se aparque porque todo está moi perto e ao castro accédese a pé desde varias rúas