O XI
Festival Revenidas será a
edición con máis actividades e concertos deste festival que se celebra en
Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) durante a última década.
En
total serán 23 concertos dos que 17 serán de pago nos tres días nos que
trancorrirá o festival, do venres 22 ao domingo 24 de agosto.
Un
festival 100% galego, en canto a empresas participantes e actuacións. Nesta
edición se fará unha homenaxe á celebración do XX Aniversario do Movemento
Bravú, con conferencias e actuacións de parte dos principais grupos do bravú.
Entre os artistas xa confirmados: Heredeiros da Crus, Leo e Arremecaghona,
Dakidarría, Sés, Nao, Diplomáticos de Monte Alto, Ulträqäns, Rastreros, Liviao
de Marrao e Terbutalina.
Xa
están a venda os bonos de lanzamento ata o vindeiro 27 de xullo por un prezo de
15 euros dende a páxina web do festival: www.revenidas.com . Posteriormente o prezo do bono irá
aumentando de prezo.
Así
mesmo, todo o material de merchandansing estará dispoñible a partir da vindeira
semana.
O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole quixo “Recoñecer o traballo de Repichoca
durante todo a ano para manter e consolidar un evento tan importante como este.
Quero resaltar a importancia da colaboración da empresa privada e das entidades
públicas, que pasou de ser importante a ser imprescindible. Destacar que o
concello de Vilagarcía segue traballando para acadar a certificación de Festa de
Interese Turístico do Festival Revenidas, é un acto que merece esta
catalogación. Estou seguro que será un éxito esta nova edición”
Jacobo
Sutil, director de AGADIC
(Axencia Galega das Industrias Culturais) definiu ao Festival como “Un evento
tan xenuíno .. unha cita imprescindible por riba da oferta artística”. Ademais
destacou, neste sentido, algúns dos valores do Revenidas, como son a posta en
relación da música con outras moitas actividades lúdicas, a concorrencia
practicamente total de artistas e compañías galegas, o apoio aos grupos locais e
noveis, a dinámica de traballo creada entre o Concello de Vilagarcía e a
asociación Repichoca ou a participación de empresas privadas para levar adiante
cada nova edición.
No
tocante ao financiamento, lembrou que a Consellería de Cultura e Educación
mantén desde 2012 unha liña específica de subvencións, que convoca a través da
Agadic como canle estable de apoio público aos festivais musicais e escénicos
que se celebran cada ano en Galicia e da que o Festival das Revenidas resultou
adxudicatario nas súas dúas edicións anteriores. Nestes momentos, a convocatoria
de 2014 atópase en proceso de trámite cara á súa resolución, momento no que se
darán a coñecer os proxectos que recibirán apoio económico este ano por esta
vía.
Bobi
Boullosa da Asociación Repichoca, organizadora da sardiñada afirmou que
Revenidas é “un festival 100% galego que mestura a exaltación da sardiña, un
festival de música que medra no número de asistentes, o festival con máis bandas
e grupos galegos ao longo da historia. Este ano foi un esforzo pero estamos
outro ano máis presentando Revenidas. Grazas á asociación A Repichoca orixe do
festival, no que participan máis de sesenta voluntarios e que fan posible que
por 11º ano se celebre Revenidas”
Nacho
Fungueiriño de Cutluractiva engadiu que “ levamos oito anos traballando con
Revenidas e e para nós é un orgullo seguir colaborando no festival. Nós
organizamos a gala de circo
coa temática de solidariedade co pobo saharaui, con actividades para o público
infantil e cunha oferta de actividades culturais que mestura teatro, circo,
maxía e música”
Por
AIRA PRO empresa organizadora desta edición do festival, falou Álvaro Pérez,
“este festival é un merito da asociación Repichoca, e para nos cando un festival
xurde do asociacionismo ten moito máis merito polo esforzo que hai detrás. Damos
a grazas á asociación Un cartel de luxo, 100% galego. Heredeiros agardan con
entusiasmo a cita no Revenidas”
Por
último falou Antonio Cortés, director Marketing de GADISA, que considera
REVENIDAS como “un evento no que estamos como colaboradores e agardamos
colaborar moitos anos no futuro”
A
organización quixo destacar a súa promoción a novos talentos da música galega,
coa posta en marcha do II Concurso de Grupos Emerxentes, dirixidos a bandas con
cancións inéditas en galego que estará aberto ata o 7 de agosto.