Páginas

Ruta Gastrónomica Narón Horta de Narón

Un total de 23 establecementos do Concello de Narón participarán do 10 ao 19 de xullo na Ruta Gastronómica Horta de Narón posta en marcha pola concellería de Promoción Económica coa colaboración da Cooperativa do Campo Galego

O Val-Narón e o Consello Regulador da D.O. Ribeiro, dentro do programa Narón Gastronómico, creado para dinamizar o sector hostaleiro e poñer en valor os produtos culinarios da zona.

Hoxe presentaron a iniciativa no concello Pablo Villamar, concelleiro de Promoción Económica, e José Benito Castro, presidente da Cooperativa de O Val.

Establecementos participantes

Os locais que nesta ocasión participan na "Horta de Narón" son: Restaurante Fortunato (Santa Icía), Tokiño (Santa Icía), Romero II (Virxe do Mar), Cervecería Vintage (A Gándara), Cervecería Australian (A Gándara), Cervecería Indalo (A Gándara), Cervevería New Orleans (A Gándara), Cervevería Urban (A Gándara), Restaurante El Refugio (O Alto), Cervecería El Mercado (O Alto), Parrilllada El Mercado (O Alto), O Petisco (Freixeiro), Restaurante O Pote (Freixeiro), Mesón O Pío (Piñeiros), Silver 200 Monjes (Piñeiros), Vinatería Philadelphia (Piñeiros), Gastro-Bar Piñeiros (Piñeiros), O Paseo (Xubia), Restaurante A Trasanquesa (Sedes), Restaurante Casa Pendás (Sedes), Romero I (San Mateo), Café-Bar Marinito (O Val), Xatova (O Val).

Os establecementos participarán cunha ou varias tapas, que se servirá nas datas antes sinaladas entre as 13.00 e as 15.00 h e das 20.00 á 22.00 h. Os negocios que o desexen poderán alongar os horarios e ofrecer as tapas durante máis tempo.

As tapas serán gratuítas, de libre creación e estarán elaboradas con produtos de calidade, tendo que incluír necesariamente o Pemento do Couto ou o Tomate negro de Santiago, ou ambos á vez, tratando de exaltar o sabor e propiedades destas dúas hortalizas.

Cestas con produtos da horta e viño da D.O. Ribeiro e dúas estancias nunha casa de turismo rural

As persoas que se acheguen aos establecementos inscritos nas xornadas poderán participar nun sorteo de cestas con produtos da horta e viño da D.O. Ribeiro e dúas escapadas enogastronómicas con estancia nunha casa de turismo rural, se consumen a tapa típica das xornadas e depositan o cupón cos seus datos na urna correspondente. Todos os hostaleiros que participen na ruta disporán dunha urna e tarxetas para que os seus clientes poidan participar no sorteo.