Páginas

O Mago Antón en Pantón, Lugo

OS SERÁNS CULTURAIS CHEGAN A PANTÓN O 25 DE ABRIL CO MAGO ANTÓN.


No marco do programa Seráns Culturais promovido pola Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, tratándose dun total de 30 actuacións repartidas por toda a nosa provincia e que teñen por obxectivo potenciar as industrias culturais galegas de xeito aberto e gratuíto, así pois, unha delas terá lugar en Pantón o noso concello, o espectáculo do Mago Antón.

Deste xeito, a Asociación Cultural O Castro exercerá de anfitrioa nesta ocasión para recibirmos ó Mago Antón, polo que facemos público a promoción e difusión deste evento, de aforo limitado e totalmente gratuíto, o espectáculo principal que terá lugar o vindeiro sábado, 25 de abril de 2015 componse de tres funcións nos seguintes horarios. 1º pase será ás 19.30 horas, o 2º ás 20.30 horas e o 3º ás 21.00 horas. Ditas actuacións poderase acceder cunha invitación gratuíta, as cales pódense encargar telefonicamente ou por whatsapp no número 615-674-390, ou tamén mediante correo electrónico no festivaldocastro@gmail.com ou tamén na páxina de Facebook “Festival do Castro”.
A maiores teremos a disposición os convites gratuítos no Bar Carabelos na Praza do Concello de Pantón e na Radio Principal Cadena Ser nas súas oficinas en Monforte de Lemos

Antón López preséntanos unha nova proposta máxica “Onde está o mago Antón”, trátase dun espectáculo dirixido a todos os públicos e de todas as idades en espazos diferentes e con moitos efectos, un corpo a corpo ca cidadanía, o tempo de interación en cada localidade é de dous días co fin de interacturar facendo microactuacións en todos os espazos. Estas microactuacións, (interacións máxicas de 15 minutos) teñen dúas finalidades: a primeira e levar a maxia a espazos e a públicos onde a maxia non ten ningunha presenza. E a segunda ten como finalidade movilizar a eses públicos para concentralos ó remate do segundo día nun espazo concreto (Praza do Concello de Ferreira de Pantón, o sábado 25 de abril ás 19,30 horas) co fin de facer un macro espectáculo e cautivar a todos eses públicos coa maxia. Con este novo proxecto pretendese que o fenómeno da maxia chegue con toda a súa forza ás distintas comarcas da provincia.

Dende a Asociación Cultural O Castro queremos facer unha alerta cidadá ante tal evento, ó efecto de que ningún veciño ou veciña se poida sentir asaltado pola Maxia en persoa, teñan en conta señores que o Mago Antón estará solto na capitalidade do noso concello nos días previos, teñan coidado coas carteiras, roupa interior ben limpa e reláxese, ante unha aparición do Mago Antón, é prescriptivo manter os ollos moi abertos e desfrutar da súa presenza. Efectivamente, aquel que hai moitos ano puxo de riba da mesa o nome de Galiza co sufrimento e aguante nos seus espectáculos de acuario encadeado e a maxia, visitará a nosa contorna e, como é obvio, ningúen ó imos perder!!!