O concello de Carballedo en Lugo zona de carballos e carballedos
Está claro de porque o nome do concello. No seu territorio conta cinco magníficos exemplares de Carballos nas súas terras, que están incluídos no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.
O carballo da Casa do Herdeiro
Un exemplar centenario que destaca pola súa verruga que sae dende á base e se alza ata case dous metros de altura dándolle un diámetro duns 10m.
O Carballo da Casa Grande
Este exemplar centenario é coñecido como ó Avó de Europa, e ten unha altura que ronda os 30m.
O Carballo do Pazo de Cartelos
![]() |
De Pemarto visto en http://www.fotocommunity.es/ - Carballo de Pazo Cartelos |
Es exemplar é un dos máis lonxevos que se conservan, ten unha altura de máis de 30m unha circunferencia de tronco duns 12 metros aproximadamente. Ese exemplar esta situado nunha carballeira que tamén está incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras como formación arbórea. A idade deste exemplar pode ser de máis de 1500 anos dado que nos anos 80,debido a un furacán rompeulle unha rama, que tras ser analizada, se lle calculou unha idade aproximada de 800 anos. Polas proximidades desta Carballeira pasaba a calzada romana, Lucus Augusti-Aquis Querquennis, que derivaba da Vía XVIII que unía Braga (Portugal) e Lugo.
O Carballo Grande de Bustelo
Éste é outro bo exemplar que se conserva á veira da estrada N-540 ó seu paso por Carballedo, e que destaca polo oco que se forma no seu interior.
![]() |
Foto de Jose Ramón González en http://www.panoramio.com/photo/66779214 |
O Carballo do Mestre
Un exemplar que se conserva na carballeira do Barrio, e que tamén se atopa á veira da estrada N-540.