Páginas

Exposición Emporium no museo Verbum de Vigo

A mostra "Emporium" aberta no Verbum permite "revivir a historia da cidade"

O Museo Verbum de Samil. "Emporium recolle esta exposición " Mil anos de comercio en Vigo" que recolle as relacións comerciais de Vigo desde a prehistoria ata a chegada dos árabes, con pezas nunca expostas e restauradas para a ocasión. 

"Emporium" presenta o papel destacado que Vigo xogou na comunicación marítima do noroeste peninsular co resto do mundo coñecido, con momentos nos que foi o único enclave comercial en activo. Este aspecto do noso pasado, ata agora máis intuído que demostrado, ten á luz dos resultados das últimas investigacións arqueolóxicas, unha razón de ser.

A exposición artella o seu relato de xeito sinxelo e didáctico, mediante máis de 200 obxectos arqueolóxicos, restaurados e documentados expresamente para a exposición, moitos dos cales se expoñen por vez primeira ao público. As pezas proceden na súa gran maioría do Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León", con achegas puntuais doutros museos e institucións de Galicia e norte de Portugal, entre as que destacan algunhas de gran valor histórico como os cipos do Castro da Illa de Toralla, que permiten documentar a presenza de comerciantes feniciopúnicos na ría de Vigo arredor do século V. a. C.; a espectacular crátera romana da villa de Toralla (s. IV d. C.) reconstruída para a exposición e atopada no depósito vigués aínda que probablemente fabricada en Braga; ou a cruz paleocristiana (s. VII d. C.) da que un pequeno fragmento testemuña polo seu material, ouro, e a súa factura, ser doazón dun alto eclesiástico visigodo á igrexa que no Areal daba servizo aos fieis de Vigo, un dos máis importantes puntos do comercio marítimo do momento.

A nova proposta cultural emprega ademais recursos técnicos e museográficos complementarios que permiten ao público achegarse aos contextos nos que estes obxectivos acadaron pleno significado. Entre estes, unha infografía e unha curtametraxe que, de forma virtual, nos leva ao Vigo da antigüidade. 

O traballo audiovisual é obra de Alicia Colmenero e Magoga Piñas, ambas con gran experiencia, entre outros, co Museo Arqueolóxico Nacional. Piñas colaborou tamén nos efectos dixitais da serie "Xogo de Tronos" e en películas como "O imposible" e "Ágora", de Alejandro Amenábar. 


Horarios:
  • De martes a viernes.- De 17,00 a 20,00 h
  • Sábados, domingos y festivos.- De 12,00 a 14,00 h
  • Lunes cerrado (incluídos festivos)
    Cerrado:
    • Lunes (excepto los que coincidan en festivo).
    • 1 e 6 de enero.
    • 24, 25 e 31 de diciembre.