Un ano máis chega a Noite Meiga a Ribadavia unha festa que se realiza nesa data pola razón propia que sinala a tradición a celebración do SAMAIN é a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo.
Este ano terá lugar o sábado 29 de outubro
Actividades previstas:
DESFILE
Realizase polas principais rúas de Ribadavia, os voluntarios van acompañados dos grupos de animación, percusionistas, carrozas...
MERCADO MEIGO
Onde se poden degustar doces meigos e pócemas máxicas, tanto para adultos como para nenos, e tamén cadeliños quentes.
BAILE DE FEITICEIROS
Actividade para nen@s onde realizan o baile meigo e tamén andan á procura da pócema segreda, a vez que gozan dun ambiente máxico e distinto.
PASAXE DO TERROR
Realízase nos túneles do Castelo de Ribadavia, sendo unha das actividades con máis participación de voluntarios e con máis afluencia de público.
AQUELARRE DE MEIGAS
Danza de Meigas a luz da lúa, onde fan esconxuros para o desamor e contan a lenda do seu orixe, acompañadas polo grupo de percusión ``Os Tabaleiros da Istoria``.
QUEIMADA
A media noite espántanse os espíritos maliciosos cunha espectacular representación da nosa costume máis famosa. Coa colaboración de ``As Lajartas`` e o ``Teatro do Vilar``.
MAXIA
Nesta noite tampouco pode faltar a maxia, con espectáculos entretidos, divertidos e cheos de ilusión.
TEATRO
O teatro esta presente en varias actividades, ainda que se busca sempre unha actuación estelar que non defraude.
COCERTO FIN DE FESTA
Para rematar a festa, nada millor que un concerto, onde bailar para despedir unha gran festa.
Web oficial http://www.noitemeiga.es/