O Festival Galegote Rock celebrarase o 29 de abril, pero xa hai actuacións previas 20, o 27 e 28 de abril
Vai xa pola sexta edición do Galegote rock, un programa de música en directo promovido en colaboración con Pontevedra ao Vivo, co fin de dar a coñecer intérpretes e grupos de música de distintos estilos e achegar ao público unha ampla oferta de música de calidade, feita en galego e en directo, tanto en locais pechados como en prazas, rúas e xardíns.
Con este concerto preséntase o Galegote que se desenvolverá os días 27, 28 e 29 de abril en distintos espazos do centro histórico da cidade. Nesta edición artéllase arredor de trece concertos de distintos estilos, combinados con programación infantil e unha cervexa de edición especial para o Galegote Rock, que se presentará o 20 de abril.
Xoves 20 de abril. 20.30 h The Basset Beer Club
Presentación da cervexa Galegote Rock
Concerto de Arturo Delgado “Querido Extraño” (Pontevedra). Este personaxe está influído polos estilos dos anos 50, 60, 70: rock, country, swamp, surf, pop, folk, blues… En formato acústico, acompañado de guitarra, harmónica e percusión.
Xoves 27 de abril.
21.00 h O Grifón
Oh! Ayatollah (Santiago de Compostela)
https://youtu.be/FoikUciGNAg
https://ohayatollah.bandcamp.com/
22.30h El Pequeño
Lamprea Explosiva (Vigo)
https://lampreaexplosiva.bandcamp.com/
Venres 28 de abril
21.30 h O Diaño
Miguel Alberte e Banda (Pontevedra)
https://www.facebook.com/miguelalberte/
22.45 h PUB LEGO
Eu Son Vodoo (A Coruña). O estilo desta banda vai desde o soul ao chill out e ao rock progresivo. Fan unha música coidada. Din “queremos que sexa unha mestura desta música que te leva a outros lugares cando a escoitas, que non sexan cancións de usar e tirar.”
Sábado 29 de abril
12.00 h rúa da Marquesa
O Fillo do Fiusa DJ (Pontevedra)
Dani Moure (Pontevedra)
13.00 h praza de Santa María
Eladio y los Seres Queridos (Cantares) (Vigo)
http://www.eladioylosseresqueridos.es/
O seu traballo Cantares está proposto para os Premios MIN da música independente na categoría do mellor álbum en galego, xunto a: Caxade, Guadi Galego, Malandrómeda e Os Amigos dos Músicos.
14.15 h praza da Pedreira
Mike Grelo e Curmán (Pontevedra)
16.00 h alto de San Francisco-praza de Ourense
Güintervan (Galicia)
https://www.facebook.com/guintervan/
17.10 h praza Curros Enríquez
Malandrómeda (Santiago de Compostela)
http://malandromeda.com/
O seu traballo Cada can que lamba o seu carallo está proposto para os Premios MIN da música independente na categoría do mellor álbum en galego, xunto a: Caxade, Guadi Galego, Eladio y los Seres Queridos e Os Amigos dos Músicos.
Praza da Pedreira
18.20 h Atrás Tigre (Santiago de Compostela)
https://atrastigre.bandcamp.com/
19.30 h Chicharrón (Carballo)
https://chicharron.bandcamp.com/
20.40 h Terbutalina (Galicia)
https://www.terbutalina.net/
Programación infantil
Praza da Pedreira, sábado 29 de abril
12.30 h Xogos tradicionais e xincana
17.00 h Contacontos
Na praza da Pedreira haberá durante todo o día un minimercadiño con cervexas artesanais, comidas tradicionais e discos das bandas participantes.