I Medio Maratón Cidade de Lugo
Celebraráse o 14 de maio a partir das 10:00 horas, organizado polo xornal El Progreso en colaboración co Concello.
O I Medio Maratón Cidade de Lugo discorrerá por un trazado de asfalto de catro voltas pola Ronda da Muralla e Avenida Ramón Ferreiro, con saída na Praza do Ferrol e chegada na Praza Maior. Finalizará cunha volta polo adarve da Muralla, ata completar unha distancia próxima á dunha media maratón (21 quilómetros). O tempo máximo da proba será de 2 horas e media.
Todas as persoas interesadas poden inscribirse ata o 9 de maio a través da web http://mmcidadelugo.com cun prezo de entre 8 e 12 euros, incrementándose a medida que se achega a data da carreira, ata completar a cifra máxima de 1.500 atletas, límite posto pola organización para este tipo de probas. Existen categorías dende os 18 anos a máis de 65 anos, tanto masculina como feminina.