Páginas

Noite das Pepitas Ferrol

Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, Ferrol prepárase para vivir este sábado 18 de marzo unha festa de música e xolda ben enraizada na tradición da cidade naval: A noite das Pepitas, cun século de tradición e novos folgos desde a Concellería de Cultura e Festas do Goberno.


Con mais de 120 anos de historia, a Festa das Pepitas é un festexo popular que se ven desenvolvendo na véspera do 19 de marzo, o Día da San Xosé. Ferrolterra conta con oito rondallas en activo, catro delas de Ferrol (Sonidos del Alba, Bohemios, Añoranzas e Rondalla do Club de Campo), que se completan con outras catro de Mugardos, Ares, Cariño e Neda que son Lucero del Alba, Rondalla Mugardesa, Trovadores de Ares e Rondalla de Cariño.

Entradas: As entradas para asistir no Jofre ao Festival das Pepitas estarán a disposición do público na billeteira do teatro no horario habitual (de 11 a 13 e de 18 a 20 horas) desde esta tarde, do mércores 15. Son de balde. Máximo, dúas por persoa.

PROGRAMA DO ACTO INSTITUCIONAL
SÁBADO 18, NOITE DAS PEPITAS
16.30 horas.- Recepción a Corporación Municipal de Mondoñedo, ao músico homenaxeado Xosé Luis Blanco, e as madriñas deste ano. Teatro Jofre. 1 andar.

17.00 horas. Irmandade co Concello de Mondoñedo:
Homenaxes con motivo da Noite das Pepitas:
17.45 horas.- Actuación musical
18.00 horas.- Fin do acto no Teatro Jofre.
20:00 horas. FESTIVAL NOITE DAS PEPITAS, Praza de Amboaxe.

ROLDA polas rúas con saída as 17.30 horas da Praza de Galicia
Percorrido: Praza de Galicia, rúa Concepción Arenal, rúa Real, rúa Lugo, rúa Galiano, Praza de Armas, rúa Dolores, rúa Méndez Núñez, rúa Real (ata Concepción Arenal) e volta ata a Praza de Amboaxe