Páginas

Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra 2017

XVIII SALÓN DO LIBRO: "O MUNDO QUE QUEREMOS"

10 de marzo - 02 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra

O lema, lonxe de ser unha utopía, pretende aunar aportacións reais, tanxibles e factibles para construir ese mundo mellor. Queremos englobar temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade, cuestións como accesibilidade e a mobilidade, o respecto , a inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en todos os seus ámbitos, etc.

Tendemos a idealizar as accións para conseguir o mundo que queremos sen plantexarnos que ese cambio empeza en nós, individual e colectivamente, na nosa actitude, no xeito de tratar aos demais e ao noso entorno, de investir esforzos en buscar solucións aos problemas ou á realidade, aportando o mellor de nós mesmos e dos nosos coñecementos, na medida que formamos parte da sociedade na que vivimos.