Se celebra entre o 15 de setembro e o 1 de outubro, 69 establecementos da cidade ofertarán distintas tapas elaboradas de forma artesanal, cuxo prezo está comprendido entre 1 e 3,50 euros.
93 tapas que se propoñen en establecementos de toda a cidade, 48 participarán no concurso "tradicional", e 45 no "creativo", existindo tamén 29 pratos que serán ofertados cun viño de denominación de orixe galega dentro da categoría "maridaxe".
O concurso de tapas busca a participación directa da cidadanía, polo que tamén existen premios. Entre as persoas participantes sortearanse sete establecementos e ceas en establecementos gañadores, 5 vales de compra de 50 euros para consumo nos mercados coruñeses, 4 bonos Termaria en Familia, noites en hoteis da cidade, e 4 premios dobres para unha ruta en veleiro.
Por outro lado, entre os galardóns aos establecementos participantes figuran, o Premio á mellor Tapa Creativa, á mellor Tapa Tradicional, dotados cada un con 1.500 euros, e o premio á mellor Maridaxe con viños, que consiste nunha visita e cata a bodegas galegas para 2 persoas en réxime de pensión completa. Estes serán os trofeos entregados polo xurado especializado, aínda que tamén se entregará o Premio Picadillo Cidade da Coruña, cuxo gañador sairá escollido a través da votación popular. Neste caso, o premio tamén é de 1.500 euros.
Este ano o Picadillo será publicitado tamén en distintas liñas de voo en base ao convenio que o Concello de Coruña ten establecido coa compañía Vueling, que opera no aeroporto de Alvedro
Web oficial : http://tapaspicadillo.coruna.es