Páginas

Fervenza das Hortas Arzúa

A fervenza das Hortas é un dos límites naturais entre os concellos de Arzúa e de Touro.

Fervenza das Hortas é unha fervenza do río Saímes, no punto de seu recorrido que transcurre paralelamente ó Monte dos Muiños situada xusto antes da confluencia co río Ulla e crea unha fronteira natural entre os concellos de Arzúa e Touro.

Con 32 metros de caída doble desde el Molino de los Agra (perteneciente al concello de Touro) por piedra de gneis mezclada con cuarcita, es sin duda uno de los más bonitos rincones para perderse un rato con un buen libro o hacer una excursión de medio día de duración.

Consta de dúas caídas de auga, en gneis mesturados con cuarcita, duns 30 metros de altura, do Regato de Saímes (segundo o libro Augas caídas. Fervenzas de Galiza).

Na súa parte alta atópase o muíño dos Agra, sito no lado de Touro.

Tamén é coñecida polo nome de Fervenza de Santa Marta , debido a unha lenda que ten asociada:

A veciñanza ía moer ao muíño, e conta a historia que unha rapaza quedou embarazada do seu mozo, e este dixo que non a quería. Unha noite de muiñada, o mozo empuxouna pola fervenza, e mentres caía, ela dixo “Santa Marta me vaia!”, e parou a caída un carballo que na fervenza estaba, salvándoa milagrosamente.