Páginas

Ciclo del Festival no Teatro da Beneficencia de Ortigueira

Un  trío de luxo para o ciclo do Festival no Teatro. O mítico Donal Lunny, xunto cos virtuosos Sylvain Barou e Padraig Rynne, ofrecerán un marabilloso concerto en Ortigueira o vindeiro venres 23 de marzo. Non o podes perder.


Cando tres músicos tan influentes e creativos traballan xuntos  crease unha gran expectación entre os seguidores da música irlandesa e foi moi evidente polo gran número de persoas que acudiron a ver súas actuacións nos últimos anos. 

Dónal Lunny é membro fundador de bandas como Planxty, The Bothy Band, Moving Hearts ou Coolfin. Dónal está a vangarda da evolución da música tradicional irlandesa durante mais de trinta e cinco anos e participou no renacemento da música tradicional irlandesa nese período de tempo.

Pádraig Rynne é un dos mais demandados músicos en Irlanda nestes momentos. É membro fundador de Guidewires e está involucrado en moitos proxectos innovadores  da música irlandesa e está implicado en moitos proxectos de fusión. 

Sylvain Barou é un dos mellores no ámbito da música bretoa. En xaneiro de  2012 lanzou seu primeiro álbum en solitario e se lle atribúe  axudar a música bretoa a evolucionar. É tamén membro fundador de Guidewires e traballo cos mellores músicos coñecidos en Bretaña e Irlanda nos derradeiros.


VENRES 23 DE MARZO 2018

21.00 HORAS

TEATRO DA BENEFICENCIA

ORTIGUEIRA (A CORUÑA)