Páginas

Faro da Robaleira Cedeira

Faro da Robaleira

Foi construido en 1862 e é tamén coñecido como Faro de Cedeira ou Faro de Punta Promontoiro.

Trátase dunha construcción sinxela con torre hexagonal branca que ten como obxectivo de ofrecer a mellor visualización a quen vai camiño do porto.

Dende este enclave pode divisarse o Casco histórico de Cedeira, a ermida de San Antonio de Corveiro e a Praia de Vilarrube (Valdoviño).

Dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, a súa luz alcanza as 11 millas e foi o primeiro en 2016 cunha baliza que funciona coa alternancia de enerxía solar e eólica.

Localización: 43.650852, -8.069919