Páginas

Carballo por Etapas ruta de tapas y pinchos 2018 en Carballo

Carballo por Etapas coincide este ano co Rexenera Fest,  se celebrará do 25 ao 27 de maio e do 1 ao 3 de xuño.

Son 18 locais polos que discorrerá a sexta edición de Carballo por Etapas: A Barra Bar, A Nova Ferradora, A Nova Tasca, Cafetería Bar Embajador, Cafetería Bar Ginebra, Cafetería Habanos 79, Cervecería Ágora, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Mio Fratello, Oasis Restaurante-Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Trattoría Pizzeria Vesuvio e A Cova.

 Os clientes recibirán con cada tapa un rasca co que poderán obter premios directos. Este ano repartiranse 640 mochilas, 600 fundas de móbil, 700 libretas, 20 abridores, botellas de viño doadas por Bodegas Carballo, Distribuciones Cotelo, Disboa e Xinerxia Alimentaria, un xogo de copas cedido por Proquiber e tapas gratuítas que achegan os propios locais. O prezo das tapas nesta sexta edición será de 2 euros

Jorarios (venres de 20.00 a 22.00 horas e sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00) ou a presenza do tren, grazas á colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños.

O tren circulará os venres de 20.00 a 21.30 horas e as fines de semana, de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30, aínda que será preciso modificar os horarios o sábado 26 de maio e o domingo 3 e xuño pola coincidencia doutros eventos. O horario de funcionamento será máis amplo ca en anos anteriores e ademais haberá dúas rutas diferenciadas con parada nos locais participantes. O punto de saída será a rúa Desiderio Varela cunha frecuencia de 30 minutos, aproximadamente