Noite no Mosteiro de Caaveiro Concello de A Capela

NOITE NO MOSTEIRO 2018 sábado 11 de agosto 2018

O evento "Noite no Mosteiro" ten como obxectivo poñer en valor o principal recurso turístico do concello de A Capela: o mosteiro de Caaveiro, así como fomentar e dar a coñecer a cultura e tradicións populares deste Concello.

O acto principal terá lugar á noite, e consiste no acendido da iluminación escénica do Mosteiro de Caaveiro, creando unha estampa que varía en cada edición. As imaxes circularán por Internet, chegando a calquer punto do planeta.

A asistencia é libre e gratuita.

Prégase o máximo respeto e coidado do conxunto arquitectónico e da sua contorna.   

O PROGRAMA É O SEGUINTE:
A partires das 12:30h e ata as 22:00: exposición de fotografías (aforo limitado)
Ás 19:00: folcrore tradicional galego
Ás 20:00h: o Show de Willy Pomper: pompas de xabón xigantes
Ás 21:30h: concerto "Música para Ocasiones"
Ás 23:00h: acendido do mosteiro
Ás 23:00h: concerto de arpa a cargo de Bleuenn Le Friec
Ás 24:00h: as fadas do bosque
Á 01:00h: peche do evento
O programa está organizado polo Concello da Capela e a empresa Eventi, co financiamento da Deputación da Coruña.