Festa do pan de Neda 2018

O CONCELLO EDITA O BOLETÍN “NEDA NO CAMIÑO” COINCIDINDO COA FESTA DO PAN

El hijo predilecto de Neda, además de escritor, músico y traductor Vicente Araguas Álvarez será este año también el pregonero de la Festa do Pan, en un acto previsto para las 12.30 horas del domingo día 2 de septiembre.


Coincidindo coa Festa do Pan, o Concello de Neda editou o número oito do boletín informativo “Neda no Camiño”, que xa se está a distribuír entre os veciños. 

Nesta ocasión, a celebración popular case monopoliza unha publicación, na que figura desde a programación festiva ata as características do recuperado certame de empanada, pasando polo saúda do alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, recordando o carácter acolledor dos nedenses e mesmo pola páxina dedicada a Los Zares, formación musical cunha forte vinculación con Neda e que actuará na sesión vermú do día 2 de setembro. 
Pero no boletín “Neda no Camiño” tamén hai espazo para abordar outros temas de interese para a veciñanza como a entrada en servizo da pasarela peonil sobre a desembocadura do río Grande de Xuvia, a entrega dun total de 70 distincións na Gala do Deporte e a aplicación de bonificacións para rebaixar a presión fiscal sobre a poboación local. Os gañadores do certame de pintura rápida “Concello de Neda” e o éxito de participación na primeira andaina a pé pola ruta do Camiño Inglés ata a cidade do Apóstolo son outros dos asuntos recollidos nesta publicación de carácter informativo.

Puedes ver más información en Festa do pan de Neda