Oktoberfest 2018 en Mercado La Galiciana

O MERCADO LA GALICIANA ACOLLE  A CELEBRACIÓN DO OKTOBERFEST 2018

O Mercado Gastrogalaico LA GALICIANA celebra dende hoxe luns 15 de outubro ata o domingo 20 “LA GALICIANA OKTOBERFEST 2018”, da man da cerveixa alemá Erdinger.

Tal e como explica o xerente de LA GALICIANA, Benigno Sánchez, “Amais de ser un espazo para a promoción da cultura de Galicia, o noso Mercado pretende ser tamén un escaparate das diversas culturas gastronómicas do mundo. Tras case dous meses de vida de LA GALICIANA, o Oktoberfest
contituirá a primeira festa internacional que celebramos coa finalidade de dar visibilidade á cultura alemá da cerveixa e ao orixe desta tradición”.

A festa máis representativa de Alemaña, que terá lugar no seo do Mercado ao longo de toda a semana, os visitantes recibirán un agasallo por cada dúas pintas Erdinger que consuma.