Vimianzo, a considerada capital natural da Terra de Soneira, sitúase nun territorio de contrastes entre a paisaxe agrogandeira das fértiles terras de interior e a abrupta costa do Atlántico.
Comparte por todo, a identidade da mítica rexión da Costa da Morte, comarca que poderás percorrer facilmente establecendo Vimianzo como punto de partida, grazas a súa privilexiada posición central estratéxica.
Vimianzo, a natureza sorprendente feita escultura coma nos Penedos de Piñeo e nos de Pasarela, lévanos ata o mar. Sabadelle é a saída do municipio á Costa da Morte. Unha costa que proporciona os produtos que configuran a súa gastronomía.