Igrexa de Santo Estevo de Atán

Igrexa de Santo Estevo de Atán Concello de Pantón

Situada na beira esquerda do río Miño, a historia deste lugar relaciónase coa repoboación do bispo Odoario no século VIII  e cun enclave monástico.
  
Estudos arqueolóxicos realizados a finais do século XX refírense a diversas construcións que foron a base da igrexa actual. Os restos de pedras caladas prerrománicas conservados, e actualmente colocados na torre-campanario, son indicio dunha edificación anterior á igrexa conservada.

Foi construída  a principios do século XIII e amosa unha única nave rectangular con cuberta de madeira a dobre vertente e cabeceira tamén rectangular.

Conserva unha importante decoración escultórica en canzorros e capiteis, e tamén moitas marcas de canteiro. Os elementos decorativos das portas norte e oeste, comúns a outras igrexas da Ribeira Sacra, están relacionados coa tradición do mestre Mateo.

No interior consérvanse pinturas murais dos séculos XV e XVI.

Foi declarada monumento nacional no ano 1975.