LA SUCURSAL (LUGO), LA MOLINERA (LALÍN) E TABERNA A CURVA (PORTONOVO), PREMIOS D.O. RIBEIRO 2019 NAS CATEGORÍAS DE TENDA, SERVIZO EN RESTAURANTE E BAR DE VIÑOS
Os establecementos recibirón os seus galardóns na gala do martes 18 de xuño, que presentarón Xosé Antonio Touriñán e Ledicia Sola
12 de xuño de 2019. A Denominación de Orixe Ribeiro debulla os gañadores das diversas categorías dos seus premios que se entregarán o martes 18 de xuño, a partires das 19:30 horas, no Mosteiro de San Clodio (Leiro, Ourense).
La Sucursal, de Lugo, recibirá o galardón á “Mellor tenda especializada – viñoteca”, tomando o relevo a La Tienda de Lino (A Coruña), que foi a agraciada no 2018.
La Molinera (Lalín) é recoñecido como “Mellor servizo de viño en restaurante”, o pasado ano premiouse a Bacelo Taberna Vinaria (Ourense).
Taberna A Curva, Portonovo, gaña o premio á “Mellor taberna – Bar de viños”, e sucede a Tamarindo (Ourense).
Estes tres locais súmanse a Paradores, “Premio de Honra”; aos programas de Televisión de Galicia Labranza e O Agro, “Premio á Mellor Tarefa de Comunicación”; e a Isabel Mijares “Premio Muller e Viño”, da Denominación de Orixe Ribeiro.
Na Gala, guiada polos actores Ledicia Sola e Xosé Antonio Touriñán, tamén vaise entregar o premio “Vida entre Vides” –á traxectoria ligada á D.O. Ribeiro- e recoñeceranse os mellores viños brancos e tintos, de adega e máis de colleiteiro.
O evento é unha celebración arredor dos viños da Denominación de Orixe con máis historia de Galicia que reivindica o traballo de todos os que os fan posibles e reúne aos profesionais das distintas pólas do sector.
ABANCA colabora na organización dos Premios D.O. Ribeiro 2019.