Reserva obligatoria en Semana Santa y verano para visitar la Playa de las Catedrales.
Las reservas serán necesarias durante los siguientes periodos:
Semana Santa
Meses de verano: julio, agosto y diciembre
A reserva da súa visita poderá realizala ata con 30 días de antelación. Como axuda amósase no calendario as datas dispoñibles para os próximos días. Debe ter en conta que non sempre é necesario reservar para facer a visita.
PREGUNTAS E RESPOSTAS FRECUENTES
P Durante que períodos é preciso facer unha reserva para poder
acceder á praia?
R As reservas serán necesarias durante os seguintes períodos:
Semana Santa
Meses de verán: xullo, agosto e setembro
Fora destes períodos o acceso ao monumento será libre, pero aínda que non
requira de autorización, serán de aplicación as normas e recomendacións
establecidas para a visita ao monumento.
P Con que antelación é preciso xerar as reservas?
R As reservas soamente poden ser tramitadas ata 30 días antes da data
da visita. A páxina web non dará opción de reservar con anterioridade a eses
30 días.
P É posible tramitar autorizacións para máis de unha persoa? Como
pedir autorización para grupos?
Monumento natural Praia das Catedrais
R Si. Unha única persoa poderá solicitar autorización de acceso ao
monumento natural para un grupo máximo de 25 persoas, se ben será
necesario que esta coñeza e indique os datos persoais de todas as persoas
que solicitan acceso (nome e apelidos, sexo, ano de nacemento e documento
de identificación persoal).
Lembre que na pantalla inicial, onde se recolle a data prevista da visita,
deberá indicar se a persoa solicitante accederá ao monumento natural
(marcando “si” na cela correspondente) e tamén o número total de persoas
para as que solicita acceder á praia.
Os datos persoais serán requiridos en todos os casos, agás aos menores de
14 anos, para os que non será obrigatorio indicar o documento de
identificación persoal.
Teña en conta que os menores de dous anos de idade non necesitarán
autorización para acceder ao monumento natural.
P É posible obter a citada autorización sen realizar a solicitude a
través da web https://ascatedrais.xunta.gal ?
R Unicamente se poderá solicitar a autorización de acceso a través da
web https://ascatedrais.xunta.gal, se ben cómpre indicar que no caso de
desprazarse empregando un medio de transporte público (tren ou taxi), o
billete e/ou recibo de pagamento darán dereito de acceso ao monumento,
sendo de aplicación os mesmos condicionantes que nas autorizacións
emitidas directamente pola Xunta de Galicia.
P Como se realiza o control de acceso ao monumento natural ?
R O control sobre o acceso ao monumento poderá realizarse en calquera
momento, sendo obrigatorio acreditar a posesión da preceptiva autorización
cando lle sexa requirida, co fin de garantir o cumprimento do Plan de
Conservación do Monumento Natural e compatibilizar a súa protección co
seu uso público. Non obstante, na entrada ao areal existirá un control
permanente.
P Se non podo visitar a praia o día que tiña reservado, podo usar a
mesma reserva para outro día?
R Non, as reservas son válidas unicamente para acceder ao monumento
o día para o cal foron emitidas e soamente poderán ser utilizadas pola persoa
cuxo nome aparece nela.
P Cal é a mellor hora para visitar a praia?
R Dado que existen importantes variacións no réxime das mareas,
chegando o mar a cubrir o areal na súa totalidade durante varias horas do
período de marea alta, recoméndase acceder ao areal no período
comprendido entre as dúas horas anteriores e posteriores á baixamar, polo
que se recomenda que consulte a táboa de horarios de mareas para organizar
a súa visita ao monumento. Esta información tamén lle será facilitada na
propia web de tramitación de autorizacións no momento de escoller a data
da visita: (https://ascatedrais.xunta.gal).
P Podo acceder á praia co meu can?
R Segundo a Ordenanza Municipal ó respecto: Queda prohibida a
circulación e/ou permanencia de cans na praia en épocas de Semana Santa
(dende o sábado previo ao Domingo de Ramos ata o Luns de Pascua, ambos
incluídos) e temporada de verán (de 15 de maio a 15 de setembro, ambos
incluídos). Exclúese desta prohibición a circulación dos cans polos sendeiros e
camiños habilitados na contorna da praia sempre, e cando vaian
apropiadamente suxeitos.
Igualmente quedan exceptuados desta prohibición os cans lazarillo ou guía.
P Poden persoas con mobilidade reducida acceder ao Monumento
Natural?
R A parte superior do Monumento Natural da Praia das Catedrais conta
con sendeiros e miradoiros habilitados para o acceso de persoas con
mobilidade reducida. O acceso ao areal (ou zona inferior) unicamente se pode
realizar por medio de escaleiras, e o tránsito polo areal necesariamente debe
ser realizado pola area, o cal pode dificultar o acceso ás persoas con
mobilidade reducida.
P Podo bañarme na Praia das Catedrais?
R Si, pero deberá ter en conta as sinalizacións (bandeiras do estado do
mar presentes no areal), e as recomendacións dos socorristas.
P Hai aparcadoiros para coches/autobuses preto da praia?
R Si, hai tres aparcadoiros habilitados a diferentes distancias do
monumento natural. O máis afastado deles atópase a menos dun quilómetro
da entrada ao mesmo.
P Canto custa a entrada? E as visitas guiadas?
R A entrada e as visitas guiadas organizadas pola Xunta de Galicia son
totalmente gratuítas.