Páginas

XVII Semana Internacional de Cine Euroárabe AMAL en Santiago de Compostela

 XVII Semana Internacional de Cine Euroárabe AMAL 2019

A semana de cinema celebrarase entre os días 21 e 25 de outubro no Teatro Principal ( rúa  Nova, 21) de Santiago.

A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2019 inaugurarase hoxe luns, día 21, ás 20:00 horas no Teatro Principal de Santiago Compostela ( rúa Nova, 21). O público poderá ver na sesión inaugural “La guerra empeza aquí” (2018), un documental dirixido polo director bilbaíno Joseba Sanz. O festival será inaugurado polo director de Amal e presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez, e contará coa presenza de representantes de embaixadas árabes en España. A entrada será gratuíta, previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal.

O restaurante Caney de Santiago organizará a Semana Gastronómica de AMAL, onde se ofrecerá aos comensais un menú árabe deseñado por Pedro Roca, chef do restaurante coñecido polo seu gusto pola gastronomía intercultural e que achegará á proposta o seu toque persoal, pero conservando as características e propiedades da “marabillosa e saudable” cociña árabe.


CONSULTA A PROGRAMACIÓN COMPLETA AQUÍ



Web oficial : https://www.festivalamal.com/