10,11 y 12 de noviembre.
Recinto Ferial. Pontevedra.
Estamos quentando os fogóns para amosar a gran variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, e os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.
Empresas, profesionais e público en xeral poderán expoñer, coñecer, probar e testar os produtos galegos que despuntan pola súa calidade e excelencia, os máis innovadores, os que marcan tendencias.
Ademais de intensas xornadas de negocios, desenvolveremos un amplo programa de actividades dirixidas a cociñeiros profesionais, representantes de asociacións e grupos gastronómicos, empresarios do sector culinario e da alimentación, así como medios de comunicación especializados, plataformas de difusión do sector gastronómico, bloggers, afeccionados á cociña e amantes do bo comer.
A feira abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.
