Pontedetapas Pontevedra 2019
Datas de celebración : Do xoves 14 de novembro ao domingo 1 de decembro, desde a hora de apertura do establecemento, ata as 14.30 horas (pola mañá) e ata as 22.30 horas (pola noite). Consultar horarios do servizo de cóctel
Modalidades :Premios do Xurado: Tapa Tradicional, Tapa Creativa e Cóctel
Premio do Público: Tapa Pontevedra
Prezo único
A túa tapa por só un 2 €,
e o teu cóctel, por 3 €
(Bebida non incluída)
Premio para o público
Vota a túa tapa ou o teu cóctel favorito. Hai dous premios de 500 EUROS agardándote!
PASAPORTE PONTEDETAPAS
Visita todos os establecementos participantes e gana! Consegue o teu pasaporte Pontedetapas gratuitamente na Casa da Luz ou en calquera dos establecementos adheridos ao concurso e non esquezas pedir que cho selen cando degustes a tapa ou cóctel.
As dez primeiras persoas que presenten o pasaporte cos selos de todos os locais terán dereito a un regalo seguro, consistente nunha cea para dúas persoas valorada en 60 euros a escoller en calquera dos establecementos participantes.
Entrega o teu pasaporte cuberto na Casa da Luz antes do 8 de decembro de 2019.
PREMIO PARA OS ESTABLECEMENTOS GAÑADORES
Entre todas as tapas e cócteles presentados un xurado profesional escollerá a mellor Tapa Tradicional, a mellor Tapa Creativa e o mellor Cóctel en función de múltiples criterios como a elaboración, presentación, sabor, aroma, concepto, relación calidade-prezo, emprego de produtos galegos, trato do persoal, rapidez…
A decisión do xurado coñecerase nun evento final na Casa da Luz unha vez finalizado o concurso e será inapelable. Os gañadores obterán como premio, ademais dun diploma e distintivo acreditativo que se entregará neste acto, presentar a súa creación no escenario principal da feira Etiqueta Negra 2020.
O gañador da TAPA PONTEVEDRA será o que compita no certame “De tapas por Galicia”, promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes cidades galegas.
PREMIO Á MELLOR MARIDAXE MAHOU
A cervexera Mahou patrocina este premio que consiste en maridar a tapa do establecemento participante con calquera das referencias do catálogo Mahou.
O premio para o hostaleiro consistirá na realización dun showcooking no Mercado de Sabores Mahou ou nun evento gastronómico de revelancia.
