Páginas

Concertos do Marisco O Grove 2023

OS CONCERTOS DO MARISCO REGRESAN CON DOCE CONCERTOS ENTRE OS QUE DESTACAN LA CASA AZUL, SIDONIE, CELTAS CORTOS E LA LA LOVE YOU

Como cada ano, a programación abarca unha representación adaptada a tódalas idades e que abarca grande variedade de artistas nacionais, locais e djs. 

Os concertos darán comezo o próximo 5 de outubro coa actuación de Freshkiños e estenderánse ata o sábado 14 de outubro, con Lontreira e La La Love You que darán peche a máis de 10 días de música de calidade gratis na localidade de O Grove.

A actuación de Sidonie forma parte dos Concertos do Xacobeo deste ano. 



Esta mañá, o alcalde Jose Antonio Cacabelos, e o director da promotora I-Radia Crea, Carlos Montilla, deron a coñecer a programación dos concertos do Marisco, que terán lugar dende o próximo día 5 ata o 14 de outubro, dentro da cita gastronómica que lle da nome e que celebra a súa 60ª edición.


Nestes dez días de música, o público terá acceso gratuíto a concertos de diferentes artistas de primeiro nivel e cunha longa traxectoria sobre os escenarios, ademais de poder desfrutar dunha ampla representación de bandas locais de O Grove.


A explanada do porto de O Grove acollerá doce concertos, entre os que destacan bandas como Celtas Cortos, os cataláns Sidonie, ou o grupo indie pop La Casa Azul.


Polo tanto, o xoves 5 de outubro inaugura os concertos a banda local Freshkinños. O día seguinte, venres 6 de outubro, será o día adicado ós máis mozos coa presenza do rapeiro e actor Leïtï. O sábado 7, subirase ó escenario o grupo liderado por Guille Milkyway, La Casa Azul, coñecido por algúns dos seus hits como “Revolución sexual”.


A representación galega estará presente da man de Fillas de Cassandra o domingo 8, mentres que a quenda das bandas locais será o luns 9 e martes 10 con Os Firrás e a Banda do Sequío. O mércores 11, Los Vagos farán de teloeiros dos clásicos Celtas Cortos.


Ana Moura e as pandereteiras de O Grove chegarán o xoves 12 como preludio dunha fin de semana na que actuarán o músico galego Pablo Lesuit e Sidonie, un espectáculo que forma parte de Concertos do Xacobeo, o venres 13. Lontreira e a banda indie La La Love You darán fin ós concertos o sábado 14.


Dj Payca, Djow13, Dj Permanente, Nanein Dj e Manu TF serán os encargados de continuar a festa tralos concertos da fin de semana.